Por E.P. | Santiago de Compostela | 09/10/2020 | Actualizada ás 18:44
A nova responsable de Organización de Cidadáns Galicia, Olga Louzao, apelou a "pór en valor a importancia que teñen para Ciudadanos os afiliados". Así o asegurou tras participar o xoves no encontro dos responsables autonómicos desta área co vicesecretario primeiro, Carlos Cadrado; o vicesecretario adxunto, José María Espello-Saavedra, e o secretario de Organización nacional, Borja García, no que se estableceron as liñas xerais de funcionamento e posta en marcha.
Louzao mostrouse convencida de que a participación activa de todos os afiliados "vai ser un motor esencial para lograr que tanto os galegos como o resto de españois sigan vendo en Ciudadanos o partido útil e moderado que necesitamos para afrontar esta difícil situación económica e social que está a xerar a pandemia".
A nova responsable de Organización sinalou que este encontro serviu para establecer as bases de traballo nos próximos anos. "Temos un proxecto claro e poremos en valor a participación dos nosos afiliados para demostrar que Cs é un partido de centro".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.