Anova chama a manifestarse este domingo en apoio aos 12 galegos que serán xulgados pola Operación Jaro

Á manifestación acudirá o portavoz nacional da formación, Antón Sánchez, que sostivo que "ser independentista non é un delito".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2020 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

A formación nacionalista Anova chamou a participar este domingo, día 18 de outubro, na manifestación en apoio dos 12 galegos que serán xulgados esta semana en relación á Operación Jaro.

Nun comunicado remitido aos medios, Anova considera que o xuízo que terá lugar na Audiencia Nacional é un "medio para a persecución política e a criminalización do independentismo".

Por ese motivo, á manifestación acudirá o portavoz nacional da formación, Antón Sánchez, que sostivo que "ser independentista non é un delito". "Xa abonda de xuízos políticos e de criminalización de determinadas ideas incómodas para o poder", manifestou.

"Desde Anova facemos un chamamento á participación a toda aquela cidadanía que queira defender uns mínimos democráticos, e a liberdade de expresión e de participación política", apuntou.

Manifestación contra a Operación Jaro, que derivou na detención de nove militantes de Causa Galiza
Manifestación contra a Operación Jaro, que derivou na detención de nove militantes de Causa Galiza | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Sugar

É un detalle que partidos políticos españois apoien ós independentistas galegos. Non todo vai ser fodechinchos!

1 Sió

E ti, polo teu comentario, es dos que prefire axudar aos españois para pasar polo máis independentista dos independentistas. Despois quedas na camiña, ao quente, e a outra cousa.

2 nostrus

No es democrático intentar coaccionar a los jueces para que hagan mal su trabajo. Esas tretas deberían ser cosa del pasado y del fascismo, aunque a lo mejor es el fascismo nuevo el que las usa, aunque se disfrace de antifascista.