Santiago poñerá policías e controis de acceso no cemiterio de Boisaca para cumprir as medidas covid

O Concello recomenda reducir as visitas con motivo das celebracións de Defuntos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2020 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago recomenda que as visitas ao cemiterio de Boisaca polo Día de Defuntos e Todos os Santos non excedan os 30 minutos de duración para así reducir o risco de contaxios ante a crise sanitaria, que obrigou ao goberno local a suspender os oficios eclesiásticos na capela do camposanto compostelán.

Este xoves, os edís do goberno local Gonzalo Muíños e Milagros Castro ofreceron unha rolda de prensa para explicar as medidas extraordinarias adoptadas para a celebración de Todos os Santos ante a esperada afluencia de persoas para visitar as tumbas dos seus achegados nas datas próximas ao 1 de novembro.

Axentes da Policía Local
Axentes da Policía Local | Fonte: CLM24 Axentes de Policía Local. ARQUIVO Axentes de Policía Local. ARQUIVO

CONTROIS NOS ACCESOS

Deste xeito, ante as características do cemiterio municipal de Boisaca, o concello non fixou un máximo de aforamento, aínda que velará polo número de persoas que se atopan no recinto en cada momento con controis nos accesos. Así, con Santiago dentro dos municipios nos que as reunións de persoas non convivientes están prohibidas --unha medida que o goberno local considera "difícil" de controlar--, o consistorio recomenda que as visitas non excedan os 30 minutos de duración.

Ademais, persoal do cemiterio e visitatnes deberán circular pola marxe dereita do recinto, no que o uso dos aseos estará limitado a unha persoa por quenda. Así mesmo, a capela do cemiterio non acollerá oficios relixiosos os días 30 e 31 de outubro e 1 e 2 de novembro, xornadas nas que se amplía unha hora máis o horario de apertura do camposanto --de 09,00 a 20,00 horas--.

Outra das recomendacións que realiza o goberno local é evitar o uso das fontes públicas e que non se compartan ferramentas que, no caso de facelo, se desinfecten mans e utensilios con xel hidroalcohólico.

REFORZO TRANSPORTE E POLICÍA

Por último, o edil Gonzalo Muíños sinalou que durante o fin de semana do Día de Defuntos tamén se refozará a presenza de membros da Policía Local no cemiterio santiagués. Tamén se aumentará a frecuencia do transporte público que conecta a cidade co camposante de Boisaca. Deste xeito, a liña 1 do autobús urbano pasará cada 16 minutos en lugar de cada 30 como é habitual.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta