A conselleira de Infraestruturas informará no Parlamento sobre as verteduras de Endesa ao Eume

Dará conta do inicio do expediente sancionador a Endesa por incumprir " os requirimentos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2020 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, comparecerá a petición propia no próximo pleno do Parlamento de Galicia para informar sobre a turbidez do río Eume, o seu impacto no abastecemento da auga no municipio de Pontedeume e as medidas adoptadas pola Xunta.

O Goberno galego xa rexistrou a solicitude de comparecencia para que Vázquez dea conta no Lexislativo das circunstancias que motivaron que Augas de Galicia declarase, o pasado 13 de outubro, a emergencía no Eume. Durante a súa intervención, a conselleira de Infraestruturas exporá as decisións adoptadas pola Xunta en colaboración do Concello de Pontedeume e con Viaqua, concesionaria do servizo municipal da auga. De feito, a Administración autonómica subliña que esta axuda se enmarca no "apoio" ao goberno local "no desenvolvemento das súas competencias".

Ethel Vázquez tamén profundará nas actuacións que ten xa en marcha Augas de Galicia no que respecta á potabilizadora municipal para dotala dunha cámara de mestura rápida. Precisamente, a modernización destas instalacións engloban a maior parte dos 1,5 millóns de euros que a Xunta prevé investir no marco da emerxencia declarada no Eume.

SANCIÓN A ENDESA

Ademais, a conselleira informará o inicio do expediente sancionador a Endesa --empresa explotadora do encoro-- por incumprir " os requirimentos" que se lle efectuaron por parte do Executivo galego e sobre a decisión de que sexa esta compañía a que corra con "todos os gastos" derivados desta situación.

O pasado xoves, a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, comparecía na Comisión de Ordenación Territorial do Parlamento e denunciaba que Endesa "fíxoo realmente mal" nas súas verteduras ao río, o que provocou a turbidez do caudal e a prohibición do consumo humano durante 10 días en Pontedeume --xa restablecido desde o martes--.

Gutiérrez tamén aseguraba que "non hai sedimentos tóxicos" nas análises realizadas. Tamén un equipo técnico da Consellería de Medio Ambiente confirmaba ao longo da semana que non se detectaron "ata o momento" nin danos na fauna nin mortalidade de peixes na contorna do Eume.

Un técnico toma mostras de auga no río Eume.. XUNTA
Un técnico toma mostras de auga no río Eume.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta