O comercio galego pon "esperanza" nun Nadal con vendas 'en liña' para evitar o peche

Lamenta que o Black Friday vaia a "minguar" as vendas do Nadal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2020 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

O presidente da Federación Galega do Comercio, José María Seijas, augurou este martes un aumento das vendas 'en liña' durante a campaña de Nadal, época na que pon "esperanzas". Seijas, ante a medida de restrinxir movementos posiblemente nos próximos meses debido á pandemia pola Covid-19, comentou que "xa" o están "pasando mal". "Véndese pouco e a esperanza está posta na campaña de Nadal, que é a mellor época de vendas para o comercio", abundou.

"Non podemos aventurar nada, o que hoxe vale mañá non se sabe o que vai suceder. Non son optimista", admitiu o presidente dos comerciantes galegos, que estimou que "as vendas en liña vanse a incrementar". Ao tempo, afeou que "haxa dous ou tres datas en novembro que van influír, van ser importantes e van minguar as vendas en Nadal".

Ademais, Seijas tamén constatou que "hai unha porcentaxe importante de peches". "O que vai ser peor será no principio do ano porque haberá moita xente que cando teña que recuperar aos seus traballadores que están en ERTE non poderán facer fronte porque as vendas pouco máis que van dar para cubrir os gastos", lamentou.

"Se hai que asumir persoal sen vendas cada vez vai ser peor. Isto vai levar un bo número de peches", conclúe Seijas, quen non ten cifras do número de comercios que botaron a persiana nestes meses de pandemia pero apuntou que é "un número importante". "Hai moita xente que só está a subsistir", concluíu.

Creando unha web mediante Wordpress usando un ordenador portátil
Creando unha web mediante Wordpress usando un ordenador portátil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta