Educación e Fiscalía valoran como "residual" o absentismo aínda que vixían os casos no contexto de pandemia

Unha cuestión que, segundo lembra Educación, vai na liña do manifestado pola Avogacía do Estado e que require analizar todas as casuísticas e situacións que se poidan dar en Galicia, motivadas polo contexto de pandemia pola COVID-19.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2020 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

A Xunta e a Fiscalía Superior de Galicia reuníronse este xoves para abordar a situación do absentismo escolar na comunidade, que limitaron a unha dinámica "moi residual" no territorio pero que é necesario vixiar para garantir o dereito á educación dos mozos galegos.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, mantivo o seu primeiro encontro de traballo co fiscal superior, Fernando Suanzes, e o novo equipo da Consellería en materia de prevención e de mellora da convivencia escolar.

A reunión serviu para manifestar de garantir o dereito á educación e a escolarización obrigatoria entre os 6 e os 16 anos e ratificar que os casos de non asistencia deben abordarse "sempre desde un prisma sanitario", avalados por informes médicos correspondentes.

Unha cuestión que, segundo lembra Educación, vai na liña do manifestado pola Avogacía do Estado e que require analizar todas as casuísticas e situacións que se poidan dar en Galicia, motivadas polo contexto de pandemia pola COVID-19.

Rodríguez trasladou a Suanzes a próxima activación e constitución no mes de novembro das comisións provinciais que se encargarán de realizar un seguimento específico do absentismo escolar, sobre todo nos casos motivados polas circunstancias sanitarias actuais, e que estarán integrados por representantes educativos, sanitarios e de servizos sociais, entre outros-.

O conselleiro de Cultura, Educaciñón e Universidade reúnese co fiscal superior de Galicia. XOÁN CRESPO
O conselleiro de Cultura, Educaciñón e Universidade reúnese co fiscal superior de Galicia. XOÁN CRESPO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta