As persoas en paro que esgotasen prestacións xa poden poden solicitar o novo subsidio de 430 euros

CCOO e UGT denunciaron que esta axuda tardou demasiado en aprobarse e que o seu alcance é menor ao que se acordou nun principio.

Por E.P. | MADRID | 06/11/2020 | Actualizada ás 10:36

Comparte esta noticia

Os parados que esgotaron as súas prestacións entre o 14 de marzo e o 30 de xuño e non teñan acceso a outras axudas poderán solicitar o novo subsidio especial de 430 euros mensuais desde este venres, día 6, ata o próximo 30 de novembro.

Este subsidio de natureza económica, que se espera que chegue a unhas 250.000 persoas, será equivalente ao 80% do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (Iprem) vixente en cada momento (430 euros mensuais na actualidade) e a súa duración máxima será de tres meses.

Para acceder a esta axuda especial, os solicitantes deben esgotar todas as súas prestacións (contributivas, asistenciais, Renda Activa de Inserción) entre o 14 de marzo e o 30 de xuño e estar en desemprego e inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego.

Ademais, poderán acceder ao subsidio as persoas que estean a cumprir o mes de espera para acceder ao subsidio de esgotamento da prestación contributiva. Esta axuda non será compatible coa percepción de renda mínima, renda de inclusión, salario social ou axudas análogas de calquera administración pública.

Para acceder ao subsidio, que será xestionado polo SEPE, non se esixirá acreditar a carencia de rendas nin a existencia de responsabilidades familiares. Esta medida, que se negociou no marco do diálogo social, estaba recollida no II Acordo Social en Defensa do Emprego e materializouse na disposición adicional cuarta do Real Decreto-lei de 26 de xuño.

No entanto, CCOO e UGT denunciaron que esta axuda tardou demasiado en aprobarse e que o seu alcance é menor ao que se acordou nun principio, pois o universo inicial de beneficiarios era de 550.000 e agora só chegará a unhas 250.000 persoas.

Unha muller sae dunha oficina de emprego. Eduardo Parra - Europa Press
Unha muller sae dunha oficina de emprego. Eduardo Parra - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Oscar Xavier

Parados vs parados, traballadores vs parados, precarios vs parados... Non deixa de resultar curioso como parace haber axudas para os que acaban de sair do mercado laboral pero en cambio así que pasas a barreira e chegan a ser parados de longa duración son esquecidos por todos os políticos, sindicatos, ... Os postos públicos deberían ser ocupados por parados de longa duración que teñan os conocimientos mínimos para eses postos de traballo, o resto se tan bos son que busquen no sector privado e deixen de vivir do público que logo moitos critican.