Máis de 600.000 euros irán destinados para programas de inserción laboral de mulleres vítimas de violencia machista

As accións subvencionables inclúen plans personalizados e de formación para a consecución dun emprego

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2020 | Actualizada ás 20:17

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución de axudas polas que a Xunta destina 630.000 euros a unha decena de entidades para programas de inserción laboral de mulleres vítimas de violencia machista.

As accións subvencionables inclúen plans personalizados e de formación para a consecución dun emprego. Entre as beneficiarias hai organizacións empresariais, ONG e fundacións de inserción laboral.

A convocatoria enmárcase no desenvolvemento das medidas do pacto de Estado contral a violencia de xénero, segundo informa o Goberno galego nun comunicado.

PROGRAMA SON EXECUTIVA

Noutra orde de cousas, a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurou de forma telemática este venres o programa Son Executiva, que promove a Xunta, no que participan 400 mulleres.

Na súa intervención, avogou por unha maior presenza de mulleres en ámbitos de decisión, así como polo empoderamiento feminino e unha sociedade que recoñeza o seu talento.

A Xunta promove a iniciativa empresarial a través do programa Emega, que desde 2009 financiou 900 proxectos de emprendedoras.

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana. XOAN CRESPO
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana. XOAN CRESPO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta