Unha galega correndo 24 horas seguidas nas antípodas de Galicia

A ultrafondista e maratoniana Maite Rojo corre a Sri Chinmoy en Nova Zelandia.

Por Galicia Confidencial | Nova Celandia | 08/11/2020 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Con todas as competicións canceladas en España e case toda Europa. Teño moita sorte, non a nivel deportivo senon tamén persoal e por saúde de atoparme en Nova Zelandia neste ano tan difícil para todos, xa que aquí non hai casos de Covid 19.

Maite Rojo correndo a Tarawera, a carreira de trail máis dura de Nova Zelandia
Maite Rojo correndo a Tarawera, a carreira de trail máis dura de Nova Zelandia | Fonte: remitida

Varias Ultras de Montaña e maratóns de asfalto precederon a esta competición, a Sri Chinmoy, na modalidade de 24 horas en pista, que se celebrará o 14 de Novembro na cidade de Auckland no estadio “Millenium”.

¿Quén era Sri Chinmoy? Foi un mestre espiritual, escritor, poeta, músico que destacou en numerosos esportes. Entre outros moitos o atletismo na especialidade de velocidade, decatlón e nas décadas dos anos 1970 e 1980 corredor de larga distancia completando numerosos maratóns e ultramaratóns. Acabou escribindo e dando conferencias sobre o tema deportivo, no só a nivel físico senón que él creía que era una vía para o crecimento espiritual. De aquí naceu o clube de Maratón “Sri Chinmoy Marathon Team” que organiza eventos por moitas cidades de todo o mundo.

Despois de todo o ano entrenando para este evento, xa que só acudín a unha ultra en febreiro e irei a esta para rematar o ano, creo que é importante o de centrarse nunha ou dúas ao ano. Non máis. 

Moitísimos quilómetros acumulados e preparación física, pero nun 24 horas pode pasar calqueira cousa. Dende dores ou lesións musculares ata problemas de estómago. Se tes un bo día podes sorprenderte a ti mesmo e hai que ser todo o positivo que se poida. Para os que non esteades familiarizados, organizase nunha pista de 400 metros e só hai que dar voltas e máis voltas ata completar as 24 horas. 

Por iso é importante manter a cabeza sen derrubarse. Isto é o mais importante. E, para que o corpo non se torza, cambiamos de dirección cada 4 horas. Agardo que todo vaia ben e que algúns de vós me sigades ese día pero con 12 horas de diferencia. Aquí serán as 9:00 da maña do sábado día 14 e para vós serán as 21.00 da noite do venres día 13. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta