O novo volume dos 'Cadernos Ramón Piñeiro' recompila artigos de 19 expertos sobre Carvalho Calero

Por E.P. | Santiago de Compostela | 12/11/2020 | Actualizada ás 20:27

Comparte esta noticia

A colección 'Cadernos Ramón Piñeiro' suma un novo volume, no que un total de 19 expertos repasan a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero con motivo da súa homenaxe no Día dás Letras Galegas.

O acto de presentación, celebrado este xoves en Santiago de Compostela, contou coa presenza entre outros do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes

Rodríguez animou a fixarse no legado de Carvalho Calero para manter o idioma como "nexo cultural e un elemento de cohesión entre as persoas", e situou o modelo lingüístico galego como unha herdanza do legado do autor ferrolán.

A publicación ofrece documentos inéditos e análises da obra do profesor e pon en valor a súa traxectoria como poeta, ensaísta, e estudioso.

Presentación do novo volument dos Cadernos Ramón Piñeiro. XUNTA
Presentación do novo volument dos Cadernos Ramón Piñeiro. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta