Por E.P. | A CORUÑA | 17/11/2020 | Actualizada ás 21:41
A Real Academia Galega nomeou a María Dolores Sánchez Palomino, no pleno celebrado na tarde deste martes, como nova académica da institución.
A catedrática de Filoloxía Románica da Universidade da Coruña, investigadora de prestixio internacional no ámbito da lexicografía e membro da RAG desde 2004, dirixe na actualidade a revisión e actualización do 'Dicionario bilingüe castelán-galego', que pasará a ofrecerse proximamente en liña.
Ocupará a vacante producida tras o falecemento do arquitecto Andrés Fernández-Albalat o pasado 29 de decembro.
Na reunión deste martes tamén se acordou que o pleno extraordinario do Día das Letras dedicado a Ricardo Carvalho Calero e aprazado por mor da pandemia en dúas ocasións, celébrese o próximo mes de decembro se o permite a situación sanitaria.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.