Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2020 | Actualizada ás 17:00
Unha empresa con sede en Muros e líderes na comercialización en liña de peixe e marisco fresco galego en España impulsa unha campaña "anti Black Friday' cun manifesto no que reivindica "respecto e prezos xustos para o sector".
A firma, que fornece aos comedores de Inditex o seu produto, e que, segundo defende, "só traballa con profesionais que practican marisqueo e pesca artesanal e sustentable" na Costa da Morte e a ría de Muros fará un acto simbólico o venres 27, data na que se celebra o Black Friday. Así, a web de 'Fresco e do Mar' pecharase este día baixo o slogan 'Hoxe non vendemos. Os nosos océanos non están de rebaixas'.
"Debémonos aos nosos clientes que pagan un prezo xusto durante todo o ano para ter produtos de alta calidade, capturados artesanalmente e que respecten a sustentabilidade do noso mar. Cremos que o marisco e a pesca fresca artesanal de Galicia son mellores que varias caixas de peixe compradas aceleradamente porque un día estean rebaixadas", sinalou o portavoz da firma, Milucho Louro.
Ademais de suspender as súas vendas o 27, a empresa destinará o 10 por cento dos pedidos entregados entre o 24 e o 26 de novembro a Cáritas de Muros. A entidade, que fornece aos comedores de Inditex, pide unha "maior visibilización" do traballo diario das confrarías: "a súa pesca é exemplar".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.