A flota artesanal séntese discriminada. É sustentable segundo a maneira de traballar. O perigo está en que os prezos non son competitivos, como si son os da pesca industrial, e falar de vedas e reservas mariñas para recuperación de especies é complicado. De feito, esta flota considera os topes de capturas unha mala práctica e temen polo futuro de máis de tres mil barcos.