Estes son os produtos estrela nunha mesa de Nadal

O Nadal está a piques de chegar e as familias xa comezan a pensar nos menús. Aquí van algúns consellos para facelo máis sinxelo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2019 | Actualizada ás 04:00

Comparte esta noticia

Achéganse datas sinaladas. O nadal está á volta da esquina e a preparación dun bo menú para para os seres queridos é importante. Sabemos que é pronto pero canto antes empezos cos preparativos, mellor.

Mariscos galegos
Mariscos galegos | Fonte: PDRA.

Se es desas persoas ás que lles gusta cociñar e sobre todo sorprender aos teus invitados, este artigo vaiche interesar. Que mellor que elixir a gastronomía galega para a ocasión? Sabemos que pode resultar ambicioso, pero mentres optes por un produto de gran calidade o demais resultarache sinxelo.

Agora que xa te animamos a traer á túa mesa de nadal o marisco galego, queremos que saibas cales son os ingredientes estrela que debes considerar seriamente para lograr non deixar a ninguén indiferente. Atréveste a preparar marisco galego? Estes son os produtos que non poden faltar nunha mesa de Nadal.

AMEIXA DE CARRIL

Sobre este tipo de ameixa debes saber que están deliciosas aínda que son bastante duras. Grazas aos parques de acuicultura artesanal onde traballan para achegar a mellor calidade, temos a sorte de poder consumir este produto exquisito. Existen diferentes tipo de cultivo pero sexa cal for o proceso, todos te van sorprender.

BERBERECHO DE NOIA

Os berberechos de Noia son unha verdadeira delicia ao padal. É un produto de gran calidade que se captura na Ría de Noia grazas a métodos de pesca artesanal ademais de sustentable. Sabemos que é de excelente calidade xa que sempre é capturado no mellor momento para o consumo. Non deixes pasar a oportunidade de probalos aínda que sexa unha vez na vida.

CENTOLA

Este, a pesar de ser máis coñecido entre moitos de nós, segue sendo un produto a destacar. Os exemplares machos resultan ser moito máis saborosos. Achegará ao teu menú do Nadal unha excelente cantidade de proteínas de calidade ademais de acedos grasos beneficiosos para axudar a reducir o colesterol en sangue. Sabor e saúde no mesmo produto.

Estes son só algúns dos mellores produtos do mercado que podes ter na túa casa a golpe de clic. Hoxe en día ter o mellor marisco galego na túa mesa é moito máis sinxelo do que nunca imaxinaches. Podes encargar o teu pedido online, os produtos que ti elixas tanto vivos como cocidos listos para entregar.

Crearás deliciosas receitas xa que non requiren de grandes dotes se a materia prima é perfecta. Canto maior sexa a calidade do xénero, menos elaboración.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta