Multas de 60.000 euros por saltar un illamento dentro da nova lei de saúde galega

A multa por non levar máscara márcase nun mínimo de 100 euros, coa posibilidade de incremento en función do incumprimento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2020 | Actualizada ás 16:45

Comparte esta noticia

O grupo do PPdeG rexistrou este xoves no Parlamento a súa proposta para reformar a lei de saúde galega de 2008 para adaptala á pandemia. No texto, fíxanse diferentes sancións, entre as que se atopan multas de ata 60.000 euros por saltarse un illamento.

Este texto --asinado polos 42 deputados populares, incluído Alberto Núñez Feijóo-- establece tres tipos de infraccións: leves (de 1.000 a 3.000 euros), graves (de 3.001 a 60.000 euros) e moi graves (de 60.001 a 600.000 euros).

Saltarse unha corentena por parte de infectados ou persoas con síntomas compatibles co coronavirus está estipulado como infracción grave, pero pasará a ser moi grave se se fai de forma repetida ou se produce un dano elevado na saúde pública.

O rexeitamento a vacinarse ou facer probas está estipulado como leve (entre 1.000 e 3.000 euros) no caso de que as repercusións tivesen unha "incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación", pero poden pasar a graves ou moi graves en función do dano ocasionado.

A multa por non levar máscara márcase nun mínimo de 100 euros, coa posibilidade de incremento en función do incumprimento.

Entre outras infraccións leves tamén están: facer botellón, infrinxir os toques de queda, reunións con máis persoas das permitidas, participar en festas que incumpran as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias, incumprimentos de horarios de locais, ausencia de protocolos de continxencia en lugares de traballo, así como non respectar a distancia de seguridade entre mesas en terrazas.

Nas infraccións graves en saúde pública hai: a denegación de colaboración coas autoridades sanitarias; a subministración información falsa; a apertura de locais con prohibición expresa de facelo; así como a reincidencia de infraccións leves nos últimos 12 meses.

Aquelas que derive en danos "moi graves" para a saúde pública pasarán á consideración de infraccións moi graves. Tamén a reincidencia de faltas graves no últimos cinco anos. No caso das sancións moi graves apúntase tamén a posibilidade do peche de locais por ata cinco anos.

EN VIGOR EN FEBREIRO

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, calcula que esta proposición de lei estará aprobada no mes de febreiro tras o seu trámite parlamentario, polo que estas sancións non rexerán ata a súa entrada en vigor, pois na norma aclárase que non terán efecto retroactivo.

De feito, os procedementos sancionadores en tramitación no momento de entrada en vigor da lei "rexeranse pola normativa vixente no momento da súa incoación".

Segundo recolle a proposición, as infraccións leves prescribirán ao ano, as graves ao tres anos e as moi graves ao cinco anos.

"ABRE UNHA PORTA" ANTE O REXEITAMENTO A VACINACIÓN

Preguntado a legalidade de determinadas multas, Puy dixo ter "menos dúbidas" de que se poida sancionar pola negativa, por exemplo, a facerse unha PCR. Respecto da vacinación, sinala que a lei poderá "establecerse no seu caso esa obrigación", polo que "non é un tema que estea pechado".

Así, a lei "abre unha porta" nos "supostos extraordinarios" nos que exista un rexeitamento á vacinación autorizada. "O lóxico é que estas cuestións se visen contempladas a nivel estatal", apunta, pero hai "un rexeitamento constante por parte do Goberno de España" á reforma da lei orgánica.

Deixa claro que "a vacina é fundamental", en contraposición a "estes movementos antivacunas medio libertarios e medio conspiranoicos que negan a evidencia científica". E é que esa "negación da evidencia científica custa vidas".

Pedro Puy resalta que se persegue "mellorar" o marco normativo, polo que confía en que outras administracións non recorran os cambios que se introduzan. "Que nós saibamos somos a primeira comunidade", di, en levar a cabo esta modificación.

CONTRA O "ABUSO DO ESTADO DE EXCEPCIÓN"

De tal forma, o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, destacou que esta "é unha lei importante", nunha reforma da norma de saúde galega de 2008 que se fará nun único artigo. Asegura que se busca "reforzar" a seguridade xurídica ante "as dificultades para xestionar a pandemia só co estado de alarma".

Este xoves, o Grupo popular rexistrou esta proposta de proposición de lei, que inclúe cuestións como a redución de aforamentos, os confinamentos perimetrales e as sancións por diferentes cuestións.

Puy asegura que se presenta este texto "pensando na saúde pública, pero tamén do sistema democrático" para poder actuar "sen un abuso do estado de excepción". "O estado de alarma non é a única ferramenta para combater a pandemia", defende.

Advirte de que "é necesario axustar a legalidade sanitaria á situación e actuacións que van ser necesarias durante os próximos meses". Respecto diso, lamentou a "sorprendente desilusión" de que o Goberno central non reforme a Lei Orgánica de Saúde Pública.

TRAMITACIÓN CON "MAIOR RAPIDEZ"

Explica que se recorre ao Grupo popular para a súa tramitación, en vez que a presente a Xunta, para "facelo con maior rapidez". Sobre este extremo, sostén que se realizou "un traballo conxunto" co Executivo galego para estas modificacións.

Con todo, espera as achegas da oposición e da participación cidadá para mellorar o texto.

SANIDADE: "FERRAMENTAS MÁIS ESTABLES E ROBUSTAS"

Pola súa banda, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destacou que este texto "vai dar unhas ferramentas máis estables, máis robustas", que "permitan tomar decisións dun modo máis ordenado e predicible".

Remarca que se incorporan cuestións que non estaban recollidas na lei de 2008 como o uso de novas tecnoloxías, os illamentos ou as corentenas, que "hai que facer dun modo moi específico".

Control de policía nunha estrada de Bergantiños o día da entrada en vigor de novas medidas e do peche perimetral do municipio debido á crise do Covid-19, en Bergantiños, A Coruña, Galicia, (España), a 14 de novembro de 2020. Este e outros. M. Dylan - Europa Press
Control de policía nunha estrada de Bergantiños o día da entrada en vigor de novas medidas e do peche perimetral do municipio debido á crise do Covid-19, en Bergantiños, A Coruña, Galicia, (España), a 14 de novembro de 2020. Este e outros. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 Sentidiño

Si, eu mando no meu corpo. Eu mando tamén nos millóns de microorganismos do meu corpo. E se mato a meu pai (con tres ingresos por neumonía), se mato a túa avoa, se levo á uci un diabético descoñecido que comparte o meu autobús, ou que traballa para mín, non fago máis que exercer a miña autonomía persoal. Viva la muerte.

3 RZuf

Usar a gripe para impoñer unha dictadura, non é outra cousa.

2 Ana

Isto xa e unha autentica dictadura. ¿Imos despertar xa?. Eu teño claro que ninguen me vai impor unha vacuna que da mais medo que o suposto "virus"; asi poñan as multas que queiran. O meu corpo non e propiedade de ningun politico. Se as consecuencias da vacuna, para ben ou para mal, me afectan a min, EU DECIDO.

1 EstadoDeDereitas

"O rexeitamento a vacinarse ou facer probas está estipulado como leve (entre 1.000 e 3.000 euros)" Violaçom do direito humano à integridade física, e ainda por riba só para pobres, pois as classes altas bem poderiam afrontar a sançom.

1 Courelois

Vai vivir ó monte só, se vives en sociedade aceitas as súas medidas sanitarias. Se non te vacinasen de pequeno hoxe moi probablemente non estarías soltando magufadas na rede. Xente coma ti sedes os irresponsables que espallan o da vosa plandemia e poñedes en risco a vida de todos nós.

2 EstadoDeDereitas

Querido/a, nom confunda ser antivacinas com questionar a seguridade desta vacina concreta, aprovada de presa e correndo e saltando processos e trámites fundamentais para fazer em médio ano o que normalmente leva 10. Nom tem nada que ver este princípio de precauçom com oponher-se a vacinas desenvolvidas com normalidade e com décadas de eficácia comprovada. Por outra banda... A onde di que me podo mudar para deixar de viver "em sociedade" (seria melhor dizer, baixo o jugo do Estado)? Como poderia fazer? Queda algum recuncho livre?

3 Ana

Quen considere que a vacuna e "boisima" e vai protexelo de algun "virus" e libre de poñela e supostamente xa estara protexido. ¿Que lle importa que o resto non a poñan se el xa esta supostamente protexido?. E isto digoo tanto para unha vacuna realizada a toda presa como dunha con 10 anos de proba. ¿Tan dificil e respetar a liberdade de cada un para decidir sobre o que se mete ou non no seu corpo?.