O Comité Clínico reúnese este venres para estudar novas restriccións á mobilidade

Estudarán amplialas en Sarria, Vilalba e Chantada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2020 | Actualizada ás 10:04

Comparte esta noticia

A evolución epidemiolóxica nos municipios de Sarria, Vilaba e Chantada estará no foco na celebración dunha nova reunión do comité clínico este venres, xornada na que se cumprirán dúas semanas da imposición de medidas restritivas en máis de 60 concellos que permanecen desde entón pechados perimetralmente e cos establecementos de hostalaría clausurados.

E así continuarán, polo menos, ata o 4 de decembro. Esa é a intención do comité clínico, verbalizada a través do conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, o pasado mércores, cando confesou que esa é a data que sirve de guía porque se cumprirá un mes da ampliación de restricións que afectan, nestes momentos, a 68 municipos galegos.

O último en chegar a ese grupo foi Sanxenxo, que desde este xoves permenece pechado perimetralmente xunto co seu 'veciño' do Grove, dada a evolución da pandemia nestas dúas localidades do Salnés, unha das comarcas que máis preocupan ás autoridades sanitarias.

As miradas do comité clínico deste venres estarán postas na evolución da pandemia en tres municipios da provincia de Lugo: Sarria, Vilalba e Chantada. Aínda que no concello do sur de Lugo a tendencia é positiva e, do mesmo que modo na Rúa, afástase de posibles novas restricións, estas poderían chegar a Sarria e Vilalba, localidade esta última na que se produciu un dos últimos brotes que afecta residencias de maiores da Comunidade galega.

EVOLUCIÓN POSITIVA NAS CIDADES

A tendencia é positiva nas cidades e as súas áreas metropolitanas, segundo o expresado o pasado mércores nunha rolda de prensa do comité clínico. Aínda que só en Santiago a incidencia cae por baixo dos 200 casos por cada 100.000 habitantes --baremo que empregan as autoridades sanitarias para medir a gravidade da situación epidemiolóxica--, aprecian unha evolución positiva en Ourense, Ferrol e A Coruña, mentres que Pontevedra atópase nunha fase estable.

Por contra, séguese con maior atención a tendencia en Vigo e Lugo, onde o grao de transimisión do virus está por encima da media galega. Ademais, o propio conselleiro sementou dúbidas o pasado mércores sobre o seguimento das restricións en Lugo, uns incumprimentos que considera que están detrás de que a situación epidemiolóxica non termine de mellorar na Cidade dás Murallas.

DÚAS SEMANAS DE RESTRICIÓNS ESPECIAIS

Así as cousas, este fin de semana cumpriranse 15 días de medidas restritivas especiais en boa parte Galicia, momento tras o cal, o comité clínico confía en que se noten o efecto das imposicións "duras" e baixe tanto o número de casos detectados como os infectados que terminan ingresados.

E é que a presión hospitalaria, especialmente nas unidades de críticos, é a cuestión que guía nestes as accións do comité, que pon o foco en que aínda existe unha marxe do 40% en UCI e do 60% en planta respecto ao peor momento da primeira onda.

No entanto, co obxectivo de "anticiparse" a un posible desborde do sistema sanitario e avanzar cara ao seu "reseteo", o órgano para a xestión da pandemia organizado pola Consellería de Sanidade volverá sentar este venres nunha reunión de poderían saír novos municipios afectados polo grao máximo de restricións.

O CARBALLIÑO, PRIMEIRO EN DESESCALAR?

Unhas medidas ensaiadas no Carballiño, que tamén podería ser pioneiro en iniciar o proceso de desescalada, para o cal, a Consellería de Sanidade quere elaborar un protocolo que estableza criterios, baremos e pasos para abandonar as restricións.

Con todo, o propio García Comesaña aclarou o mércores que a hipotética saída do Carballiño das prohibicións máis duras non se debería exclusivamente á súa situación epidemiolóxica, xa que tamén inflúen as características dun municipio "illado" e situado nunha área con pouca incidencia da pandemia.

Dúas persoas permanecen sentadas nun banco de Sanxenxo, último municipio galego en decretarse o máximo grao de restricións. Beatriz Ciscar - Europa Press
Dúas persoas permanecen sentadas nun banco de Sanxenxo, último municipio galego en decretarse o máximo grao de restricións. Beatriz Ciscar - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Uang Ho

Un auténtico desastre. Non hai melloría en nada, simplemente altibaixos. A incidencia por cada 100.000 habitantes é moito máis alta que o que recomenda a OMS para un confinamento total. En Australia por un gromo de 20 casos pecharon 1,7 millóns de habitantes. Con este sistema só nos pode salvar a Virxe María.