Por E.P. | PONTEVEDRA | 21/11/2020 | Actualizada ás 19:34
As mulleres defensoras dos dereitos humanos de Mesoamérica, a rexión comprendida entre o sur de México e Costa Rica, son as protagonistas da II Edición de 'Defensoras de Dereitos', que botou a andar este sábado en Pontevedra.
As súas historias de vida, o seu traballo en defensa dos dereitos das mulleres e das comunidades indíxenas son o "fío condutor" desta iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra e a Coordinadora Galega de ONGD en colaboración coa Iniciativa Mesoamericana de Mulleres Defensoras de Dereitos Humanos.
Este sábado, coa presenza da presidenta da Deputación, Carmela Silva, xunto a outros deputados do goberno provincial, entre outros, inaugurouse 'Defensoras Sementes de Cambio', unha exposición fotográfica que recolle os retratos e as historias de vida e acción política de 15 mulleres defensoras dos dereitos humanos en Honduras, Guatemala, O Salvador, México e Nicaragua.
As fotografías, ademais de atoparse nos escaparates de dez comercios de Pontevedra, tamén se poderán visitar en Gondomar e A Estrada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.