Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 26/11/2020 | Actualizada ás 15:52
A Garda Civil de Tráfico formulou unha denuncia contra un taxista da localidade coruñesa de Cambre por conducir ebrio e consumir alcol durante os servizos.
Esta semana, a Benemérita recibiu unha denuncia por parte dun cidadán que aseguraba que un taxista consumía habitualmente bebidas alcohólicas durante os traxectos.
Os axentes localizaron a este condutor circulando no seu taxi por unha estrada secundaria de Cambre.
Tras darlle o alto, o taxista foi sometido ás probas de alcoholemia, nas que arroxou, tanto na primeira como na segunda, valores superiores á taxa permitida para estes profesionais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.