Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 30/11/2020 | Actualizada ás 10:04
A Garda Civil mantén activado este luns o dispositivo de procura para dar con María del Carmen Rodríguez Almansa, a anciá de 88 anos veciña de Amoeiro que leva desaparecida desde o pasado xoves.
Segundo informan a Europa Press fontes do Instituto Armado, os labores continúan non só na parroquia de Trasalba, onde residía a muller, senón que "se peitean cada vez máis zonas" despois dun fin de semana sen noticias sobre o seu paradoiro.
A procura xa se reiniciou este luns desde primeira hora coa participación de Protección Civil de Ameiro, o Seprona e os cans do servizo Cinolóxico da Garda Civil. De acordo coas mesmas fontes, ao longo da mañá poderase incorporar un helicóptero, pero dependerá da climatoloxía.
A desaparición foi notificada o pasado xoves ao mediodía despois de que unha empregada dos servizos sociais municipais chegase á vivenda, situada no lugar de Cimadevila, e dese o aviso de que a anciá non se atopaba alí. A última persoa que a viu foi o seu fillo, que estivo con ela o mércores sobre as 22,00 da noite.
A octoxenaria, de acordo coa descrición achegada polo Instituto Armado, padece unha deterioración cognitiva, é moi delgada, mide 1,50 metros, ten ollos verdes e pelo longo e branco.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.