Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2020 | Actualizada ás 20:34
Os xulgados especializados en cláusulas solo na Coruña --o de primeira instancia número 7-- e Vigo --número 14-- manterán a súa actividade en 2021.
Segundo informa a Xunta nun comunicado, o Goberno galego dotará con persoal de reforzo e medios materiais estes xulgados, de acordo coa proposta do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
En cambio, os asuntos en materia de cláusulas abusivas que ata agora ingresaban no xulgado de primeira instancia número 2 de Lugo e no número 7 de Ourense pasarán a distribuírse entre xulgados de primeira instancia do partido xudicial correspondente.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente do TSXG, José María Gómez e Díaz-Castroverde, participaron na reunión da comisión mixta de xustiza.
Alí, Rueda trasladou as accións previstas polo seu departamento para 2021, xa expostas a semana pasada en comisión parlamentaria para dar conta dos orzamentos.
Deste xeito, o orzamento da Xunta para xustiza aumenta o ano que vén un 4,4% ata 134 millóns de euros. Entre outras actuacións, prevé a posta en marcha da Cidade da Xustiza de Vigo en 2021.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.