Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2020 | Actualizada ás 15:44
O presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores ypresidente depósito de Burela, Basilio Otero, asegurou este xoves que o sector ve con "preocupación" a campaña de Nadal e animou á xente a consumir "produtos de proximidade", neste caso da Mariña.
Este "medo", segundo indicou, vén provocado, nunha "parte moi importante" pola situación pola que atravesa a hostalaría. "Non vai haber ceas de empresa, onde se consumía moito peixe e marisco. Non vai haber reunións familiares normais. Hai moita incerteza (no sector)", sinalou.
En canto ás axudas, Basilio Otero lembrou que teñen "varias axudas concedidas". "Ademais a Xunta ten algunha (axuda) e o goberno central tamén", constatou.
Sexa como sexa, o presidente da Confraría de Pescadores de Burela vanza que "haberá que esperar" a ver como evoluciona este mes de decembro, para pedir máis apoios que irán en consonancia á evolución da campaña.
"Temos que esperar a que conclúa o mes e logo decidiremos. Hai que esperar polo que poida vir", asumiu finalmente o tamén presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.