Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2020 | Actualizada ás 22:20
Uns días atrás, a esfera tuiteira galega viralizou a mensaxe dunha profesora da UDC rexeitando un traballo escrito en galego, indicando que o valoraría atendendo á "tradución de Google". O caso recolleu unha ampla atención social, ante a cal a UDC pediu disculpas ao alumno. Nestas últimas xornadas, vén de facerse viral un caso que, malia transcorrer tamén no eido da lingua, vai en liñas absolutamente contrarias: o dun profesor de orixe zaragozana que exerce en Galicia e pide aos seus alumnos que non recorran ao castelán á hora de entregar traballos escritos.
Profesor de Zaragoza sobre o uso do galego na nosa clase e nos trabalhos a entregar: pic.twitter.com/G3AfKUitwo
— 🎄️⛄o apalpador Guillerme «Ceo of Agrocarlismo»🛰️ (@guillertex) December 2, 2020
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.