1 de 1714 en Lingua seguinte

Unha web da USC animará ás persoas restituír os apelidos galegos na súa forma orixinal

Para animar á restauración correcta dos apelidos galegos iniciouse unha campaña audiovisual na que tamén convida a todas as persoas a elaborar un pequeno vídeo no que contar a súa experiencia persoal nese proceso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2025 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

A comisión de normalización lingüística da Facultade de Filoloxía da USC presentou este xoves unha web que facilita toda a información necesaria para restituír os apelidos á súa forma galega correcta, algo que desde o ano 2011 permite a Lei do rexistro civil pero que moita xente descoñece.

Na presentación deste recurso participaron o vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación, Gumersindo Feijoo; a vicedecana da Facultade, Elsa González Álvarez, e a catedrática e académica da RAG Ana Boullón.

Tal e como explicaron, calquera persoa inscrita no rexistro civil pode solicitar a adecuación dos seus apelidos ás particularidades lingüísticas do galego, "en calquera momento, de forma gratuíta, sen que sexa preciso alegar ningunha causa ou xustificar o uso habitual deste apelido na vida cotiá".

Para animar á restauración correcta dos apelidos galegos, a comisión puxo en marcha unha campaña audiovisual na que tamén convida a todas as persoas a elaborar un pequeno vídeo no que contar a súa experiencia persoal nese proceso.

Tal e como lembra a USC, a Real Academia Galega (RAG) conta cun buscador cos 6.000 apelidos máis frecuentes en Galicia para poder comprobar se un apelido é galego e como se escribe correctamente.

Reitorado da Universidade de Santiago de Compostela (USC), no Pazo de Fonseca.. USC
Reitorado da Universidade de Santiago de Compostela (USC), no Pazo de Fonseca.. USC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta