Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2020 | Actualizada ás 10:10
A vicepresidenta primeira do Goberno, ministra da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática, Carmen Calvo, convocou este mércores na Coruña unha reunión sobre o Pazo de Meirás a representantes da Xunta, a Deputación da Coruña e do Concello de Sada. O encontro prodúcese despois de que a Xustiza confirmase a data de entrega do inmoble a Patrimonio do Estado para o 10 de decembro, en execución provisional.
Á citada reunión, a vicepresidenta primeira convocou ás administracións interesadas no destino e posibles usos do Pazo de Meirás: o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo; o titular da Deputación da Coruña, Valentín González; e o alcalde de Sada, Benito Portela.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.