Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2020 | Actualizada ás 20:38
Efectivos das forzas da orde investigan a desaparición de Manuel Rodríguez, un veciño de Baio que falta do seu domicilio desde este xoves.
Unha representante de familia presentou denuncia durante a tarde no cuartel da Garda Civil, que abriu unha investigación para tentar esclarecer o ocorrido.
Segundo os datos facilitados a Europa Press, trátase dun home de 54 anos de idade que saíu á primeira hora desta mañá da súa vivenda, supostamente para dirixirse ao traballo e foi visto por última vez sobre as 06,30 horas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.