Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2020 | Actualizada ás 12:33
O dispositivo de procura aberto pola Garda Civil para dar con Manuel Rodríguez, o veciño de 54 anos desaparecido na parroquia de Baio, en Zas (A Coruña), céntrase en localizar o vehículo co que se marchou da súa vivenda á primeira hora da mañá do xoves.
Segundo informan a Europa Press fontes do Instituto Armado, na mañá deste vienres, na que non hai novidades sobre o seu paradoiro, hai despregadas patrullas de diversos efectivos por toda a comarca para tentar atopar o coche.
Foi unha representante de familia quen na tarde do xoves presentou a denuncia no cuartel da Garda Civil, que no entanto apunta a que a marcha de Manuel Rodríguez da súa vivenda foi voluntaria porque deixou unha nota advertindo de que se ía e o seu teléfono permanece desconectado desde entón.
Por isto mesmo, indican as mesmas fontes, non houbo despregamento dos cans do servizo Cinolóxico nin de drones, como noutros casos de desaparición. Iso si, as autoridades xa solicitaron á xustiza a autorización para poder rastrexar as últimas posicións do seu móbil antes de que se apagase.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.