O Goberno inclúe as casas de apostas entre os sectores "ultraprotexidos" polo ERTE

A medida incluirá tamén casinos e bingos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2020 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

O Goberno incluíu ás actividades de xogos de azar e apostas, entre as que figuran os casinos, bingos, casas de apostas ou as administracións de lotarías, na lista de sectores "ultraprotexidos" polos expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE), segundo se recolle no Real Decreto de apoio á hostalaría, o turismo e o comercio publicado este mércores no Boletín Oficial do Estado (BOE).

O Consello de Ministros aprobou onte a ampliación do número de sectores "ultraprotexidos" no Real Decreto de defensa do emprego polo que se aprobou a prórroga dos ERTE ata o 31 de xaneiro de 2021. Así, entraron a formar parte da lista de actividades cubertas, ademais das actividades de xogos de azar e apostas, os restaurantes e postos de comidas, as actividades dos xardíns botánicos, parques zoolóxicos e reservas naturais e os establecementos de bebidas.

Estas actividades engádense ás 42 actividades publicadas no seu momento, entre as que se atopan hoteis e aloxamentos similares, transporte aéreo de pasaxeiros, transporte marítimo ou a xestión de salas de espectáculo. A lista complétana as actividades de extracción de minerais de ferro, fabricación de explosivos, edición de xornais, produción de metais preciosos, actividades de operadores turísticos, de axencias de viaxe, reprodución de soportes gravados, transporte espacial, comercio por xunto de coiros e peles, aluguer de medios de transporte aéreo e outros servizos de reservas e actividades relacionadas cos mesmos.

Casino, casa de apostas, xogo de azar
Casino, casa de apostas, xogo de azar | Fonte: pixabay

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta