A empresa xestora da máquina presentou unha denuncia tras detectar un ingreso anómalo de 40.000 euros a depósito no mesmo día e no mesmo local.
Hai unha peza central do anuncio que vira en torno ao lema 'Compartilo é extraordinario' e que fala da soidade, do abandono das zonas rurais e da solidariedade.
Tras estar un ano e medio en terapia e ter superado o seu problema, escribiu o libro 'Fuera de juego', co que pretende axudar ás persoas que estean pasando por unha adicción ao xogo tan forte como a que viviu ela: chegou a gañar e perder 14.000 euros na mesma tarde.
  comenta   0
Segundo un estudo de Unicef, o 94,8 % dos adolescentes dispón de móbil con acceso a Internet, cunha idade medio de acceso ao primeiro dispositivo de 10,96 anos. O 50,5 % teñen conexión á rede por contrato. Dende o Galicia Confidencial falamos cos psicólogos Joaquín González-Cabrera e Juan Manuel Machimbarrena, creadores de Safety.net, da necesidade da prevención conxunta de ameazas 'online'.
  comenta   0
Actualmente hai xa un 30 % de adoslecentes que comezan a presentar problemas de conduta relacionados co uso dos móbiles e das pantallas, dos cales arredor dun 3 % poderían ser considerados adictos no sentido máis estrito da palabra. A taxa de ideación suicida en menores sitúase nun 12,7 %.
  comenta   0
O afortunado, que validou o seu boleto en Hórreo, 5, recibirá 1.623.404,82 euros como único acertante de Primeira Categoría.
  comenta   0
O afortunado validou o seu boleto na Administración de Lotarías número 1 da localidade e será recompensado con 1.104.956,23 euros.
  comenta   0
É habitual e está socialmente aceptado o ver colas de xente agardando para comprar os seus boletos de lotaría. Dun tempo a esta parte tamén se popularizaron os rascas. E, como advirte Gerardo Rodríguez, vogal de Agalure, dun ano a esta parte chéganlles mozos de entre 18 e 25 anos enganchados ás tragaperras, algo que antes non era o habitual, pois a súa adicción partía máis das apostas deportivas ou da ruleta.
  comenta   0
O director técnico da Asociación Galega de Xogadores Anónimos, Juan Lamas, asegura que mesmo a través dos videoxogos que contan co modelo 'free to play-pay to win' ou de 'lut boxes' "estase inculcando aos rapaces a mentalidade de que se tes diñeiro podes obter vantaxas a nivel social; nos videoxogos a vantaxa é a nivel do propio xogo, pero iso na mentalidade dun adolescente trasládase á vida real e a cartos reais".
  comenta   0
Máis de 5.000 adolescentes galegos son adictos aos videoxogos e, vinculados a eles, poderían volverse adictos ás apostas deportivas e outro tipo de xogos de azar. O profesor da USC Antonio Rial Boubeta alerta dos perigos. A OMS recoñece os videoxogos como unha adicción dende 2022, o plan contra as adiccións galego aprobouse no 2011
  comenta   0
Lotarías lembra que hai que identificar os participantes dos décimos compartidos á hora de cobrar o premio.
  comenta   0
A Coruña é a cidade de Galicia máis afortunada da historia deste sorteo con oito 'Gordos', seguida de Lugo con cinco e de Vigo con catro
  comenta   0
O filme, dirixido por Juan Galiñanes e protagonizado por Luis Tosar, amosa a cidade da Coruña dende diversos ángulos: a praza de Pontevedra, a cafetería Manhattan, a praza de Portugal, o CHUAC ou o paseo marítimo. Conta a historia dun atraco que remata por amosar a importancia da doazón de órganos para salvar unha vida.
  comenta   1
"Meu pai xogaba sempre cos mesmos números, vinculados ao seu nacemento. A súa vida foi de loita. Comezou a traballar moi xoven, coma case todos os da súa época. Faleceu de maneira repentina, o que sempre é máis difícil de superar. Non sabería dicir se sospeitou nalgún momento que puidese ser o gañador. Morreu pouco tempo despois de que o tema se fixese público. Pasaron sete anos ata que a Policía se pon en contacto con nós e iso foi un 'shock'. A xuíza informounos de que podiamos reclamar o premio. Se meu pai chegase a cobrar os cartos, querería disfrutalos cos seus. A min os cartos non me quitan o sono. Se puidera volver falar con el diríalle só que lle botamos moito de menos". Palabras da súa filla.
  comenta   0
Fixa o número de xogos para Galicia: catro casinos e catro salas adicionais, 12 bingos, 118 salóns de xogo e 41 tendas de apostas, fixando unha duración de 15 anos para todas as autorizacións.
  comenta   0
Consideran isto un aspecto que supón unha "especial atención á protección dos colectivos máis vulnerables", en palabras da portavoz popular no debate, Paula Prado.
  comenta   0
O ministro de Sanidade reivindicou o labor dos municipios, "sexa desde o goberno ou sexa desde a oposición"
  comenta   0
Repartirá 700 millóns en premios este venres, a mesma cantidade que o ano anterior.
  comenta   0
O de 2022 foi un 'ano de bens' para os galegos, con case 370 millóns de euros en premios que, ademais, tocaron o catro provincias.
  comenta   0
Lotarías e Apostas do Estado presenta unha campaña do Sorteo de Nadal con tres historias reais "co foco nos valores"
  comenta   0
Formoso asiste como público ao debate e celebra que "polo menos" os socialistas provocaron "que se debata a renovación" da normativa.
  comenta   0
A industria do xogo ten múltiples lecturas, e entre elas, unha urbana. Alí onde unha tenda de barrio troca por un local de apostas, a vida cambia, a cidade expulsa.
  comenta   0
María creou unha adicción ao bingo coa que conviviu durante dez anos. A dela é unha historia de estigma como muller e como xogadora, pero tamén de resiliencia para saír do labirinto da ludomanía.
  comenta   0
O 30% da mocidade entre 14 e 17 anos recoñece que apostou algunha vez. O clima de desesperanza e os "imperativos sociais da felicidade" son as mellores armas dunha industria do xogo que, aínda que de forma máis minoritaria, tamén crea adiccións nas mulleres.
  comenta   0