Eliminan da Lei do Xogo a instalación de máquinas de apostas en recintos deportivos e feiras

Consideran isto un aspecto que supón unha "especial atención á protección dos colectivos máis vulnerables", en palabras da portavoz popular no debate, Paula Prado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2023 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

O trámite parlamentario da Lei do Xogo de Galicia eliminou a posibilidade de instalar máquinas de apostas en recintos deportivos e feiras, un aspecto que supón unha "especial atención á protección dos colectivos máis vulnerables", en palabras da portavoz popular no debate, Paula Prado.

O relatorio parlamentario, segundo informaron os grupos, supuxo a incorporación de 11 emendas do BNG e outro tres do PSdeG, ademais da transacción de nove emendas dos nacionalistas e cinco dos socialistas.

"En conxunto, o texto incorpora 23 das 46 emendas do BNG, a metade, e 11 das 21 do PSdeG, máis do 52 por cento da que presentou", destacou Prado ao concluír este trámite, que agora se debe completar co debate e aprobación da normativa por parte do hemiciclo galego.

Con todo, o portavoz sanitario do PSdeG, Julio Torrado, considerou que a normativa constitúe "unha oportunidade perdida" para "afrontar os problemas reais" da "desregulación e das condutas adictivas".

Pleno do Parlamento. PARLAMENTO
Pleno do Parlamento. PARLAMENTO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta