Por que Feijóo non quere construír vivendas para os máis vulnerables?

A construción de vivenda protexida para familias sen recursos non interesa moito en Galicia. A grande maioría dos inmobles baleiros na nosa comunidade son propiedade de empresas ou bancos que buscan facer negocio. Mentres, familias enteiras teñen que afrontar alugueres cada vez máis altos e a Xunta non mostra interese en acelerar a creación de vivenda pública.

Por Moncho Mariño | Santiago de Compostela | 29/12/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O Instituto Nacional de Estadística (INE) publicara en 2013 a enquisa sobre vivendas baleiras en España. Galicia estaba no primeiro lugar cun 18,6% de casas e pisos sen ocupar. O informe, na súas páxinas 16 e 17 indicaba: que Galicia está entre as autonomías con maior porcentaxe de "vivenda baleira" e que Ourense, cun 23%, e Lugo, cun 20%, estaban á cabeza das vivendas baleiras no conxunto do Estado.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante unha visita ao barrio vigués de Navia, para presentar as últimas fases de urbanización da zona, que inclúen 1.600 vivendas protexidas.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante unha visita ao barrio vigués de Navia, para presentar as últimas fases de urbanización da zona, que inclúen 1.600 vivendas protexidas.

O INMOBILISMO INMOBILIARIO

A Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (FEGEIN) elaborara en 2019 un novo estudo sobre a desocupación habitacional en Galicia. A conclusión foi que os datos case non variaran desde o 2013, cando o INE sacara á luz o seu informe. Galicia estaba e seguía estando como primeira comunidade coa porcentaxe máis elevada de vivenda desocupada, traducido en  números, cerca dos 300.000 posibles fogares sen ocupar, e isto durante case unha década.

O mesmo informe de FEGEIN sinalaba unha porcentaxe elevada de vivenda desocupada froito do abandono rural. Fóra deste ámbito, as sete grandes cidades galegas concentraban case 90.000 vivendas descoupadas. A Coruña cun 14,24% e Vigo cun 12,94%  estaban en cabeza en canto inmobles desocupados, e con todo, non chegaban á media galega que era do 18,6%, media superada por Ferrol co 19,7% e Ourense co 21,7%.

A falta de mobilidade no parque de vivendas en Galicia responde, segundo fontes como EAPN-Galicia, á procura de beneficios por parte de construtoras e propietarios. Dentro dos últimos están as entidades bancarias buscando recuperar o investimento directo ou indirecto en construción (en boa medida, efectos da burbulla inmobiliaria). Ademais diso, tamén se suma a falta de coordinación entre administracións e que moitos plans destinados á creación e rehabilitación de vivendas non desen os froitos esperados.

Provincias con maior porcentaxe de vivendas desocupadas
Provincias con maior porcentaxe de vivendas desocupadas | Fonte: INE

VIVENDA E MOBILIDADE SOCIAL

Un dos problemas engadidos da pobreza en calquera dos seus graos é a dificultade de mobilidade social (cando non é imposibilidade). Entre os diferentes elementos que axudan ao cambio dentro das estruturas sociais está a vivenda. Habitar un fogar sen as condicións necesarias para o desenvolvemento da persoa ou residir nunha área afectada polo “chabolismo” e a infravivenda, crea un “estigma” social sobre a persoa. Ao final tradúcese na exclusión social de persoas e colectivos.

En Galicia a porcentaxe de persoas afectadas pola mala situación da súa vivenda (exclusión residencial) é do 35%. Dentro do total desta porcentaxe, o 66% destas persoas están en situación de exclusión severa. A porcentaxe media en España no primeiro caso é do 24% e no segundo do 69%. Os datos proceden do Informe FOESSA de 2018. Nese documento alertábase de que ademais da exclusión residencial, 61.400 fogares galegos eran inseguros, 47.400 non eran apropiados para viviren neles ou que algo máis de medio millón de galegos e galegas habitaban vivendas en situación de insalubridade.

As mesmas cifras foron presentadas á Comisión de Reactivación Económica, Social e Cultural no Parlamento de Galicia por EAPN-Galicia. En dita Comisión quíxose deixar constancia do problema existente coa vivenda en Galicia así como da falta de receptividade por parte das institucións sobre este punto.

Engadido a isto último, as vivendas carentes de medios abondo para unha vida digna dos seus inquilinos absorben a maior parte das rendas. As familias con escasos recursos económicos deben priorizar gastos e en primeiro lugar están os gastos relacionados coa vivenda (aluguer, facturas, etc.). Tal como se dixo na Comisión de Reactivación, os gastos habitacionais impiden tanto a mellora na calidade da alimentación como “o éxito nos procesos e medidas de inclusión social”.

En 2015 a Xunta puxo en marcha o Plan Galego de Vivenda 2015-2020 con máis de 300 millóns de euros, dos que máis de 130 millóns eran para rehabilitación. Os resultados non son os esperados segundo se deduce das cifras aportadas por informes e comparecencias en comisións parlamentarias. As asociacións e ONGs  vinculadas á loita contra a pobreza, ven unha actitude de “aporofobia” en canto políticas de vivendas en particular e de erradicación da pobreza en xeral.

Os plans para a vivenda da Xunta non parecen ter solucionado o problema de acceso habitacional en Galicia. Certo é que o Plan Galego de Vivenda acababa en 2020, ano da pandemia, aínda así houbo un percorrido anterior de catro anos que puido ver materializada boa parte do plan. A consecuencia é que se o 35% dos galegos e as galegas viven en fogares con dificultades de habitabilidade, a urxencia de afrontar este problema é preocupante.

Porcentaxes de vivendas sen ocupar
Porcentaxes de vivendas sen ocupar | Fonte: INE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Demagogiainmobiliaria

Recordemos el caso de Ramón Espinar, dirigente de Podemos al que se le llenaba la boca hablando del derecho a la vivienda digna, no a la especulación y bla, bla, bla. Se la adjudicaron discrecionalmente, con una hipoteca a medida concedida con mediación de su papá, directivo socialista condenado de Bankia. Y luego la revendió al año, ganando 30.000 euros en la sencilla operación inmobiliaria.

1 Akribéstaton

Não há mais que escrever "Ramón Espinar" (mesmo sem aspas") em Google para saber como acabou o conto de Ramón Espinar. Ou pensa o senhor Demagogiainmobilista que ele é o único que recorre à palha demagógica do oportunismo?

2 Ricardo R.

Después de forrarse con operaciones inmobiliarias como la señalada, y con sus puestos de diputado y senador, ya puede decir que ganó más que la gran mayoría de los trabajadores españoles a lo largo de su vida. Es de suponer que ahora se dedicará a disfrutar de la herencia paterna obtenida de Bankia como todos sabemos, y a despotricar contra el capitalismo desde su mansión. Pronto lo veremos de opinatodo en La Sexta y/o colocado en algún chiringo progre bien remunerado. Lo de siempre, llámense Irene, Pablo iglesias, Rita, Moral Santín, Beiras, Pontón o Miranda