Felipe VI esquecese do seu pai... Que opinas do seu discurso?

O monarca español centrou o seu tradicional discurso de Nadal na crise económica e social da covid. Un discurso no que evitou falar dos problemas do seu pai e da monarquía e no que alertou aos que teñen proxectos independentistas que a "Constitución Española" está para "respectar".

Por Galicia Confidencial | Madrid | 25/12/2020 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

O rei Felipe VI esqueceuse de falar dos problemas de corrupción e, especialmente o que afecta a súa familia, no seu tradicional discuro de Nadal. Un discurso que o monarca español centrou na pandemia e no que tamén tocou de esguello o actual clima político para sinalar que todos teñen que cumprir a Constitución Española, que "está por enriba de calquera cousa".

Felipe VI, rei e monarca de España, no seu discurso de Nadal
Felipe VI, rei e monarca de España, no seu discurso de Nadal | Fonte: EP

Felipe VI tan só fixo unha referencia á fuga a Emiratos Árabes de Juan Carlos I tras desvelarse que ocultou ao fisco millonarias sumas de diñeiro de dubidosa procedencia durante o seu reinado. E o fixo case ao final da súa alocución. No seu discurso este non era un tema importante. 

Así, destacou a importancia do "cumprimento das leis" e de "preservar os valores éticos". "Os principios morais e éticos que os cidadáns reclaman das nosas condutas", dixo, "obrígannos a todos sen excepcións". "Están por encima de calquera consideración, da natureza que sexa, mesmo das persoais e familiares", salientou, para refuxiarse no "espírito renovador" que di inspirar o seu reinado "desde o primeiro día". Esa foi a única frase coa que pretendeu desprenderse da herdanza que o rei emérito deixou na Zarzuela e na imaxe pública da Institución monárquica, cada vez máis cuestionada.

DISCURSO PACTADO

O seu discurso estaba ben fechado desde había días. A Casa Real quería que o Goberno --ou parte del-- confirmara a súa "validez". Por iso, traballou co presidente do Goberno, Pedro Sánchez; o seu xefe de Gabinete, Iván Redondo; e a vicepresidenta primeira, Carmen Calvo, para consensuar unha mensaxe. E esa mensaxe foi a da "ser fortes" e "estar unidos" fronte a crise social e económica do coronavirus.

"Foi un ano moi duro e difícil" no que a pandemia instalou "con razón" en moitos fogares "sufrimento, tristeza e temor", explicou. Por iso, fixo un chamamento a "abandonar o desánimo e a desconfianza", aínda que el mesmo mostrouse preocupado porque a crise económica "derive nunha crise social". Para evitalo, o rei confía nunha "sociedade forte e un Estado sólido", na Unión Europea e en "unha Constitución que todos temos o deber de respectar", argumentou.

"RESPECTAR" A CONSTITUCIÓN

Precisamente, a alusión a Constitución ía con indirectas. Nun momento no que o Goberno está seriamente cuestionado polo seu pacto cos independentistas cataláns e vascos, Felipe VI volveu pedir "unidade nos principios democráticos". "E contamos sobre todo co noso sistema de convivencia democrática... A nosa Constitución garántenos o noso modo de entender a vida, a nosa visión da sociedade e do ser humano; da súa dignidade, dos seus dereitos e liberdades", dixo. "Unha Constitución que todos temos o deber de respectar; e que nos nosos días, é o fundamento da nosa convivencia social e política; e que representa, na nosa historia, un éxito de e para a democracia e a liberdade", engadiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 z de ZARDOF