Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2020 | Actualizada ás 14:18
A Consellería do Medio Rural prevé investir 15 millóns de euros en 2021 para mellorar as bases dos efectivos aéreos na loita contra os incendios, co obxectivo de "potenciar a eficacia e organización".
Tal e como indica a Xunta nun comunicado, buscarase así unha "mellora dos tempos de reación fronte aos lumes, así como unha optimización dos recursos existentes", o cal derivará nunha "mellora global da atención no medio rural".
Precisamente, o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, realiza estes días unha rolda de visitas por distintas bases aéreas da Administración autonómica despregadas pola Comunidade galega.
Ademais da mellora destas instalacións e a construción dun centro integral para a loita contra os incendios en Toén (Ourense), a Consellería do Medio Rural prevé "potenciar" os plans de distrito de e aplicar "as últimas tecnoloxías" na materia.
Entre elas, contémplanse sistemas de detección e avaliación de lumes desde medios aéreos, así como a vixilancia e o uso de operativos dixitais de radiocomunicación, todo iso xunto á continuación de plans de formación do persoal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.