Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/01/2021 | Actualizada ás 12:48
Os primeiros bebés do ano 2021 en Galicia naceron pouco despois das badaladas en Ourense e Vilagarcía e comparten o título xa que a casualidade fixo que coincidisen tamén na súa hora de chegada ao mundo, as 00,05 horas deste 1 de xaneiro.
No caso de Ourense, o primeiro bebé chámase Antón, primeiro fillo de María e Daniel, que naceu sen complicacións no CHUO cando aínda en Galicia se celebraba a chegada do ano novo. Pesou, informaron fontes da área sanitaria, 3,04 quilos.
Á mesma hora, as 00,05 da madrugada, chegaba tamén ao mundo no Hospital do Salnés, en Vilagarcía, Guillermo, con 3,280 quilos de peso. Un pouco máis tarde, ao redor das 1,30 horas, nacía o terceiro bebé do ano, a primeira nena, Mariña, que chegou ao mundo no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.