Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2021 | Actualizada ás 17:14
O cemiterio de Boisaca acolleu este martes a tradicional ofrenda floral que cada ano reúne a familiares, administracións e representantes institucionais para homenaxear ao dramaturgo Ramón María do Valle-Inclán no aniversario da súa morte.
Este acto viuse acompañado do recordo a outra figura transcendental da cultura galega: o pintor e empresario compostelán Isaac Díaz Pardo, falecido o mesmo día que o autor de 'Noites de Bohemia.
Entre os participantes atopábanse, ademais de familiares e representantes de asociacións, a edil compostelá Mercedes Rosón, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, que lembraron o importante legado de ambos os intelectuais. Tanto Rosón como Rodríguez incidiron na visión particular de concibir o mundo da que facía gala Valle-Inclán, que pasaba do persoal ao "universal" como un dos galegos máis ilustres.
Previamente depositáronse coroas de flores tanto na tumba do propio Isaac Díaz Pardo como do dramaturgo nado en Vilanova de Arousa, falecidos en 2012 e 1936, respectivamente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.