Unhas conferencias, que se realizan todos os xoves de outubro na Casa da Cultura do Concello de Verín, revisan a traxectoria deste senlleiro intelectual. O ciclo está organizado polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Biblioteca do concello.
  comenta   0
Chamábanlle Eduardita cando ía polas rúas de Ourense e consideraban que a súa forma de vestir era afeminada. Nunca lle importou e chegou a manter relacións máis aló da amizade con importantes escritores e intelectuais da época como Federico García Lorca e Ramón Suárez Picallo.
  comenta   0
No seu recente artigo de opinión, baixo o título: Que está a pasar? -publicado en Galicia Confidencial-, Fermín Paz ofrece unha crítica fonda e reflexiva sobre a evolución sociopolítica desde a modernidade até a nosa era posmoderna, salientando os retos e as disxuntivas que enfronta a sociedade actual. A súa análise é penetrante e lúcida, porén, como toda obra de reflexión, benefíciase do diálogo e o complemento doutras perspectivas. Este artigo ten o propósito de ampliar e enriquecer as observacións de Paz, incorporando voces e pensamentos de expertos nunha morea de disciplinas, incluíndo filosofía, historia, economía e teoría política.
  comenta   0
Calquera empresa humana sofre traizóns. Mais nas miñas reunións con militares da Republica non saio do meu asombro. Na última conferencia á que asistín dun estratego, polemólogo e xeopolítico, afirmou que a Republica “é un país sometido, humillado, vasallo, e contento porque lle deixan fornicar co veciño ou veciña que el queira segundo se autoperciba mozo, moza, de xénero neutro cisxénero ou o que lle salga a el dos seus cataplines”.
  comenta   0
“Todos os homes son intelectuais; porén non todos cumpren a función de intelectuais na sociedade”. Esta soada cita de Antonio Gramsci ofrece unha reflexión profunda sobre o papel dos intelectuais na sociedade. Gramsci expón que todos os seres humanos teñen a capacidade de ser intelectuais, é dicir, de pensar, razoar e analizar de maneira crítica. Porén, non todos exercen esta función de maneira efectiva nin contribúen ao progreso intelectual e social.
  comenta   0
Despois da última achega do Informe PISA da OCDE, volve o eterno debate educativo. É axeitado o actual modelo, froito das novas tendencias pedagóxicas? Nesta columna tento reflexionar sobre algunhas destas cuestións, reivindicando o coñecemento “per se”, non orientado unicamente ao desenvolvemento laboral posterior. Asumindo, ademais, que as emocións e os sentimentos son moi importantes, pero non deben substituír á importancia do currículo.
  comenta   0
A sede do Instituto Cervantes acolleu este luns o acto conmemorativo do Día Europeo das Linguas, no que a presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, depositou o legado "material e simbólico" de Rosalía de Castro.
  comenta   0
Celebra o aniversario do Estatuto do 36 pedindo transferencias pendentes, recoñecemento como nación e un concerto financeiro.
  comenta   0
A entidade terá unha sede na Cidade da Cultura onde realizar actividades culturais.
  comenta   0
Nun mundo cada vez máis complicado e con problemas que requiren solucións innovadoras, hai moito que aprender dos filósofos clásicos. Estes pensadores da antigüidade tiñan unha forma única de abordar os problemas, de pensar de maneira crítica e de atopar solucións creativas.
  comenta   0
Ten como obxectivo "restaurar o texto certo, de modo que todos, e especialmente as novas xeracións, coñezan, canten e interpreten correctamente" a letra orixinal.
  comenta   0
A conferencia inaugural desta actividade da USC correu a cargo de Ilán Pappé, profesor, historiador e activista político israelí. "Ata hoxe os gobernos europeos non recoñecen o proceso de limpeza étnica en Palestina, e por iso Israel segue practicando esa política", sinalou.
  comenta   0
A USC organiza un curso sobre o "diálogo co mundo árabe" no que abordará o conflicto de Palestina con intelectuais árabes e xudeus.
  comenta   0
Edicións Laiovento vén de publicar unha nova obra de Xosé Manuel Beiras titulada “ Retratos en fite”. Un libro no que o autor confesa admiración polo “Libro dos amigos” de Ramón Otero Pedrayo, que recolle a memoria dun fato de amigos cos que partillou militancia galeguista.
  comenta   0
Un artigo de Anxo Baranga e Lito Caramés, dous activistas culturais galegos na diáspora catalana, que resume o traballo e o empeño de moitos anos para recuperar a memoria de Florencio Delgado Gurriarán. Este traballo publicouse por primeira vez no número 48 da revista de arte, cultura e tradicións populares: RAIGAME.
  comenta   0
Non son poucos os referentes intelectuais cos que conta a esquerda, o pensamento de esquerdas. Noam Chomsky sen dúbida é un deles. Aos seus mais de 90 anos sigue na loita, reflexionado sobre a realidade, aportando a súa capacidade de análise e crítica, pescudando alternativas. A finais dos 80 lin “A quinta liberdade”, un libro que marcou a miña forma de ver a política internacional. No seu momento cualifiqueino de imprescindible, e penso que hoxe o seguiría facendo, igual que outro libro “As venas aberta de América Latina”, de Eduardo Galeano, de lectura obrigada si un quere coñecer as raíces da realidade actual latinoamericana.
  comenta   0
O Colectivo Berro Seco denuncia que as actuais restricións sanitarias vulneran multitude de dereitos fundamentais e piden deter "inmediatamente" a vacinación infantil e o pasaporte covid.
  comenta   15
Contará con Sarkozy e Durao Barroso, entre outros, para tentar construír unha imaxe de líder forte e "ensanchar" o partido cara os socialdemócratas máis descontentos coa xestión do Goberno.
  comenta   0
Ten por obxectivo impulsar unha serie de accións para axudar na saída, a acollida e o recoñecemento de refuxiadas políticas
  comenta   0
Logo de ser apresados polo exército de Isabel II, os sublevados galegos foron executados en Carral sen ter recibido sequera xuízo. A Plataforma Vía Galega lembrará a súa memoria cun acto este sábado.
  comenta   0
En 1956 celebrouse en Buenos Aires o Primeiro Congreso da Emigración Galega. Un feito sen precedentes na historia da diáspora. Durante os días 24 ao 31 de Xullo acudiron á capital bonaerense moitísimos representantes das entidades societarias de Cuba e continente americano.
  comenta   0
A petición concrétase nun manifesto con sinaturas da talla de Manolo Rivas, Margarita Ledo e demais artistas e personalidades galegas.
  comenta   0
Teño para mín que amplos sectores da nosa Galicia aínda non avaliaron a modo o que supón o moi recente pasamento do seu fillo Xosé Ramón Barreiro (1936-2021). Porque persoas desta caste non xurden a eito nun pequeno País coma éste noso.
  comenta   0
Esta circulando polas vilas ourensáns unha exposición conmemorativa do centenario da revista Nós. Unha iniciativa necesaria para dar a coñecer a importancia que tivo unha xeración de intelectuais implicados no afortalamento da nosa identidade nacional. Mágoa que os responsables de tal iniciativa incorrísen no erro por omisión de non recoñecerlle ao empresario galeguista Enrique Peinador Lines o mérito de ter recuperada a publicación interrompida durante un ano e medio por falta de recursos financieiros. Negarlle ao empresario e militante do Partido Galeguista o papel que tivo na continuidade da publicación non só é inxusto, senón que deixamos de transmitirlles aos actuais un modelo de compromiso co seu país que el tan ben soubo exercer.
  comenta   0
Medra a mobilización contra o proceso "a poucos días" de que a Audiencia Nacional faga pública a sentencia. Os apoio tamén chegan dende outros puntos do estado, coa sinatura de Otegi e outros líderes do independentismo vasco e catalán.
  comenta   2
Laiovento, e non Galaxia, reedita un dos libros que marcou a varias xeracións, “O atraso Económico da Galiza”.
  comenta   9
A Fundación Rosalía non percibe ingresos regulares das institucións, tan só apoios puntuais como ó que se vén de sumar o Concello de Dodro.
  comenta   0
Editan a correspondencia de López Cuevillas con Castelao, Henri Breuil e outros intelectuais do resto de Europa entre 1925 e 1958,
  comenta   0
Das películas do director francés Mathieu Kassovitz que teño visto, entre elas “Babylon A.D”, “Gothika”, “Asesino(s)”ou “Os ríos de cor púrpura” quédome cunha das primeiras: “Le Haine” (“O Odio” de 1995) un drama social ambientado nos disturbios, a principios dos 90, sacudiron o suburbio parisino de Les Muguets. Quédome coa historía e quédome coa reflexión que encerra a voz en off coa que comenza e remata a cinta: “É a historia dun home que cae dun edificio de cincuenta pisos. Para tranquilizarse mentres cae ao valeiro, non para de decirse: ata agora todo vai ben, ata agora todo vai ben... ata agora todo vai ben. Pero o importante non é a caída, é a aterraxe”.
  comenta   0
Día de Galicia.Tamén da Patria Galega. Dúas denominación para dúas ópticas ideolóxicas distintas. As interpretacións que se fan desta data son moi ilustrativas polas liturxias que uns e outros organizan.
  comenta   0