Carta de Critias a Terámenes (XII). Sobre o bo para uns

Calquera empresa humana sofre traizóns. Mais nas miñas reunións con militares da Republica non saio do meu asombro. Na última conferencia á que asistín dun estratego, polemólogo e xeopolítico, afirmou que a Republica “é un país sometido, humillado, vasallo, e contento porque lle deixan fornicar co veciño ou veciña que el queira segundo se autoperciba mozo, moza, de xénero neutro cisxénero ou o que lle salga a el dos seus cataplines”.

Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 28/03/2024

Comparte esta noticia
Esas afirmacións realizadas ante un auditorio culto e semiculto  non causaron ningún efecto, ou polo menos  que percibise ou eu apreciase.  Na conferencia os militares consideraban que a Republica “converteuse nunha pena, porque somos un país que bate récords en abandono escolar, en fracaso escolar, en rupturas familiares, en consumo de prostitución, de drogas”. Aseguraban na súa exposición pública  que “o que vivimos noutras épocas, é  que estamos completamente degradados desde o punto de vista moral e persoal. Porque ademais houbo unha vontade expresa do poder público de disolver calquera forma de conciencia”. 
 
O amigo oligarca que me acompañaba  ría con satisfacción,  e ao terminar a intervención do miliciano  aplaudiu con tanta forza  a critíca ao seu Réxime Xeneroso que temín rompesen  as súas mans.  Amigo Terámenes, as zarandajas dos  oligarcas co seu pobo son admirables e sutís.  Ante a contrariedade que eu mostrei pola súa actitude expúxome   a razón da súa acción,  e do seu burlón apoio á certeira crítica.  Primeiro alegou  que eles están para acumular riquezas e en tanto lles funcione non van cambiar o ritmo do seu esplendido latrocinio. 
 
Serio e con ton grave argumentou a súa acción: “a ambición, o orgullo, o desexo de mandar, a vontade de poderío, a competencia comercial, a avaricia, as rivalidades intelectuais entre escolas ou individuos, as ambicións políticas, provocan non só a loita entre grupos rivais, senón tamén a competencia entre membros dun mesmo grupo. Cada un ten por finalidade apoderarse dos bens que ambiciona ou acceder ao posto eminente que desexa. Cando estas oposicións chegan a ser insolubles, acaban por dexenerar en violencias”.  
 
Partindo do anterior afirmou que no seu Réxime Xeneroso tratan que todos os elementos ambiciosos, avariciosos, propensos por natureza aos motíns,  estean satisfeitos, xa con deixarlles facer o que lles da gana, xa  co sorteo e repartición de cargos  cunha duración de fixos descontinuos,  xa permitindo as corruptelas entre os plebeyos. Todo o pagan os traballadores,  e é cuestión de porcentaxe na repartición do botín. Para el  é necesario que o réxime fomente  os comportamentos denunciados polo militar. O meu amigo razoou que o que é distaxico para a Republica, negativo para o pobo, pernicioso  para a sociedade, é garantía de duración do seu Réxime Xeneroso. E xa que non existe réxime imperecedoiro, o importante é acumular agora as riquezas aínda que o porvir sexa un baldío. 
 
Con brillante socarronería afirmaba que aplaudía aos audaces  e certeiros críticos para con iso congratularse cos disidentes; non se trata de reprimir aos indiscutibles  discrepantes, xa que  provocaría unha perigosa reacción! Que falen e que  transcorra o tempo! Concluíndo a súa tese formuloume varias preguntas con mofa: Eutaxia? Que é un  bo goberno? Existe  un criterio obxectivo para determinar a xustiza ou inxustiza dun réxime político? Verdade? Que é a verdade?  

Terámenes arrestado por orden de Critias
Terámenes arrestado por orden de Critias | Fonte: italoantoniotti.com
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA