Unha asociación integrada por Lidia Senra pide a fin do "acoso" a quen non se queira vacinar

O Colectivo Berro Seco denuncia que as actuais restricións sanitarias vulneran multitude de dereitos fundamentais e piden deter "inmediatamente" a vacinación infantil e o pasaporte covid.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2022 | Actualizada ás 12:16

Comparte esta noticia

Un grupo de figuras intelectuais galegas veñen de rachar o silencio para lanzar un manifesto contra as restricións da pandemia e o "acoso" aos non vacinados. O colectivo, que se agrupa baixo o nome "Berro Seco", comprende entre as súas filas nomes da talla de Lidia Senra, eurodeputada de AGE e ex secretaria xeral do Sindicato Labrego galego; Miguel Anxo Abraira, Presidente da Rede para o Decrecemento; Xoán R. Doldán, Profesor titular de Economía Aplicada na USC e vicepresidente da Asociación Véspera de Nada, entre outros.

Unha profesional sanitaria inocula unha vacina do Covid-19 desenvolvida por AstraZeneca no marco da proba piloto de vacinación masiva desde o recinto de Fira Barcelona. DAVID ZORRAKINO
Unha profesional sanitaria inocula unha vacina do Covid-19 desenvolvida por AstraZeneca no marco da proba piloto de vacinación masiva desde o recinto de Fira Barcelona. DAVID ZORRAKINO | Fonte: EUROPA PRESS

O colectivo vén de lanzar un manifesto no que explican a súa oposición ás "coaccións" para facer "obrigatoria" a vacinación --entre as que citan o pasaporte covid-- de acordo con múltiples documentos legais que recollen dereitos humanos. Neste aspecto, inciden que, partindo dunha sensibilidade de esquerda, observan "con fonda preocupación" a deriva autoritaria dos gobernos "da man dun conxunto cada vez maior de medidas e cambios lexislativos" que estarían a bater de fronte con esas cartas de dereitos fundamentais.

"Esta é a verdadeira razón que nos move; a defensa dos dereitos que se conseguiron co esforzo e o sacrificio de moita xente ao longo do tempo e que, froito desa loita, acabaron por ser recoñecidos na lexislación internacional e estatal", explican, antes de citar a consideración dos seres humanos como libres e iguais, o dereito á privacidade e a libre circulación e reunión, entre outros. 

"Ademais, vulnéranse dereitos recollidos no Convenio de Oviedo como que toda intervencións sanitaria só poderá facerse co consentimento libre e informado da persoa afectada, podendo retirar esta libremente o consentimento", explican dende a asociación, que conta con diversos xuristas entre as súas filas. De aí que no manifesto publicado pidan, entre outros puntos, a fin "inmediata de calquera tipo de coacción e acoso coa finalidade de converter, na práctica, a  vacinación nun acto obrigatorio".

A esta reclamación únese tamén a da "suspensión inmediata da recomendación da vacinación infantil e xuvenil en base ao principio de precaución, por non existir datos que avalen a inexistencia de efectos adversos a medio ou longo prazo", da banda tamén da retirada do pasaporte covid "para calquera uso", en tanto que, na práctica, obriga á xente a se vacinar para poder desfrutar de certos servizos. 

O colectivo integrado por Senra fai tamén fincapé nun tratamento mediático máis equilibrado que non exclúa opinións alleas á verdade oficial. De aí que soliciten "a fin das campañas de acoso, fomento do medo xeneralizado á poboación e de criminalización das persoas que disenten sobre calquera das medidas políticas ou sanitarias instauradas" e  que "nos medios de comunicación públicos se informe en base á investigación e ao debate científico, respectando todas as opinións e deixando de funcionar como transmisores do pensamento único".

Á parte Lidia Senra, Abraria e Roldán, o colectivo Berro Seco componse dos seguintes integrantes: Cristina Blanco González, Fernando García, Xosé Ramón Cendán Regueiro, Antonio Lores, Lola Grande, Elvira Grande, Cristina Guerreiro Peralba ,Xabier Gómez Santiso, Manuel Rey, Iolanda Teixeiro Rei, Elvira Trinidad Jove, María Belén Fervenza, Beatriz Fervenza, Iago Lameiro Covelo, Jacobo Ojea Reyes, Mina Gómez Barreiro, Miguel Anxo Méndez López, Begoña de Bernardo Miño, Carlos Alfredo Villaverde Blanco, Conchi Castro Pedreira, José Luis Carreira Bruzos, Manel Pardo e Pura Seoane Albela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

8 Desperta

Vivimos tempos ben complexos, recordan moito os da Alemaña Nazi, onde o pensamento único do 3 reich era obrigado. Calquera que fose en contra era rapidamente censurado ou fusilado. Aquí inda non chegamos os fusilamentos, pero xa andamos preto. O nivel de tragacionismo mediatico é impresionante, ninguén se cuestiona nada, ou si o fai, loxicamente é censurado. Non sodes conscientes as almas durmidas da censura que temos agora, tanto por medios privados coma por medios públicos. Algo inaudito fai tempo, pero que grazas a capitalismo salvaxe é posible, dado que neste momento todos os grandes medios de comunicación están nas mans de dúas empresas, as cales teñen os mesmos donos. Estas empresas son as que financian os partidos, as que pagan as vacacións dos médicos, e tamén as que fabrican as vacinas. Si, o tema de moda. Si inda vos quedan algunhas neuronas útiles investigade un pouco, e ides descubrir que isto é certo. Ou sexa, o que coida das ovellas e o lobo !

1 Xurxo Antonio Roibás Rivas

Hai que ter pouca vergoña para compararse cos xudeus en contrarios os nazis e falar de fusilamentos, evidente comentario feito dende a comodidade que lle da o privilexio occidental e de todo o que se está a queixar, cando se vai a algún país do continente africano ou asiático nalguns casos ninguen se queixa da vacina e non tes nin idea do que che están a meter ni o que leva a do tétanos nin o frenadol, tes toda a liberdade para protestar como se fai en todo o mundo sen consecuencias, ninguen obriga a poñer a vacina. En africa están desexosos en occidente o claro no primer mundo rexeitamolas porque somos así, coitadiños pandemia sen fin. Indefinida e o qye queredes así seguiremos.

7 vob

síntoo, pero a vacina non é unha cuestión de liberdade persoal dende o momento no que non vacinarse afecta á saúde dos demais. ninguén se plantexa a obligatoriedade de pasarlle a itv ao coche, ou?

1 Gamela

alégrame saber que para tí unha persoa humana está á mesma altura ca chatarra !

2 vob

nin que dicir debería, o ppal propósito da itv é o de salvar vidas.

6 Manuel Rodríguez

Ya era hora. Hay que denunciar y acabar con esta vergüenza y manipulación que va a destruir nuestra democracia que tanto costó recuperar. Que se vacune el que quiera y se oigan todas voces críticas con la estrategia de vscunacion y se investiguen de verdad los efectos secundarios de las vacunas.

5 Autodenominados

Intelectuais? De talla?

4 Sentidiño

Que non se faga da vacinacion, na práctica, un acto obrigatorio? Máis ben: que non se faga do contaxio consciente un delito impune. El será o decano de Económicas de Santiago o noso Miguel Bosé?

1 Gamela

Parece moito máis sensata África González (Catedrática de Inmunoloxía) que calquera decisión que nos leve á Guerra das Vacinas ? https://www.lavozdegalicia.es/notic... (Os Muros de Pago durante a Pandemia deberan estar denunciados ante a Fiscalía -se tivesemos Fiscalía- )