A tecnolóxica galega Altia celebrará o próximo 13 de novembro unha xunta xeral extraodinaria de accionistas na que se proporá o nomeamento de Miguel Jove Ortega como conselleiro dominical da compañía en representación de Incio Investimentos, o 'holding' controlado por Josefa Ortega, irmá do fundador de Inditex e nai de Miguel Jove.