Por Galicia Confidencial | A Coruña | 19/09/2017 | Actualizada ás 15:55
Segundo recolle o Boletín Oficial do Rexistro Mercantil, esta compañía é absorvida por Inversiones Frieira, tamén controlada polo magnate herculino, con data 8 de setembro.
Cuestionados por GC voceiros da matriz do grupo Inveravante sobre o alcance e momento da operación, quítanlle ferro indicando que “é unha simple reorganización interna societaria, unha máis das que facemos sen ningún tipo de alcance”.
Arnela chegou a acumular un capital duns 300 millóns de euros ao comezo desta década, aínda que foi reducindo capital até os 200 millóns de euros en 2013. A través Arnela, o que fora dono da construtora Fadesa investiu, con diversa sorte, en compañías como Blusens, Vetra Energía e Inveravante Selecta, filial que reunía os investimentos en viñedos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.