Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2020 | Actualizada ás 19:49
As catro fundacións que defenden o legado dos escritores e intelectuais galeguistas Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Losada Diéguez e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao recibirán o Premio Otero Pedrayo 2020.
Diso informou a Deputación de Ourense nun comunicado, no que explica que así o acordou este mércores o xurado do galardón tras escoitar a proposta formulada polo presidente da institución provincial, Manuel Baltar.
Baltar defendeu o "encomiable esforzo e dedicación que levan a cabo estas fundacións para manter vivo o pensamento e a obra destes grandes" das letras galegas, "intelectuais da Xeración Nos, que puxeron a Galicia en Europa".
O presidente da Deputación de Ourense, que comunicou aos presidentes das fundacións a decisión, tamén propuxo ao xurado outorgar senllas mencións de honra para o Museo Arqueolóxico de Ourense, "institución de carácter público que soubo recoller o maxisterio de Florentino L. Cuevillas", e para o Concello de Cambados, "sustentador do museo na casa natal de Ramón Cabanillas, no barrio de Fefiñáns".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.