Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2021 | Actualizada ás 16:27
A Coruña dedicará unha placa a Roberto García Fariña, máis coñecido como 'Tito' considerado o "pai" do surf na cidade herculina e que faleceu o pasado 27 de novembro. A placa estará situada na Fonte dos Surfeiros e servirá para render tributo ao máis veterano dos surfeiros da praia do Orzán, onde acudía con 70 anos de idade a coller ondas coa súa táboa.
O anuncio foi efectuado pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, que considera "moi necesario" esta homenaxe a "unha persoa moi querida pola comunidade deportiva da cidade que xa se converteu nunha lenda do surf herculino".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.