Por Galicia Confidencial | | 15/01/2021 | Actualizada ás 11:58
"Teño que comunicarvos que despois de 35 anos ao voso lado, a actual etapa da Bodeguilla de San Roque chegou ao seu fin neste mes de xaneiro". Así comeza o mail que Francisco Javier Míguez remitiu este xoves a todos os seus contactos.
Un mail no que daba conta do peche dun dos míticos restaurantes de Santiago que, ademais, conseguiu ampliar nos anos de bonanza económica. Desde esa primeira bodeguilla en 1986 na rúa de San Roque, en Santiago, xurdiron outros dous restaurantes máis, a bodeguilla de San Lázaro, no 2000 e a Bodeguilla de Santa Marta, en 2012, tamén en barrios da capital galega.
Foi en 1986 cando abriu A Bodeguilla. Entón Míguez utilizou o baixo do que era a casa familiar para montar un bar de viños e tapas. Despois, chegou o comedor de arriba. Pero, logo de 35 anos, a pandemia por fin a este local que xa era un emblema da hostelaría en Compostela. A Bodeguilla de San Lázaro e a de Santa Marta continuarán a súa actividade, a pesar de que actualmente se atopan pechadas debido ás restricións fixadas pola Xunta.
"Moitas grazas por estar ahí e por acompañarnos durante tantos anos. Dende esta pequena capilla do bon beber e bon comer, decimos adeus e moitas grazas por todo o cariño que recibimos dende o noso inicio", despediase Míguez no seu mail.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.