Por E.P. | A CORUÑA | 16/01/2021 | Actualizada ás 10:22
O caldo galego protagoniza o cupón do ONCE deste sábado dentro da serie 'Pratos de culler', segundo informa a organización que explica que cinco millóns e medio de cupóns difundirán esta proposta gastronómica. Ca ONCE colaborou a Xunta de Galicia.
A serie de cupóns 'Pratos de culler' comezou o pasado mes de outubro para convidar a degustar os caldos e guisos máis típicos dos diferentes lugares. Son 19 cupóns pertencentes aos sorteos dos sábados. O obxectivo, sinala a organización, é "promocionar eses pratos da cociña tradicional".
En toda a serie, inclúense pratos típicos como o cocido con cabaza de Andalucía, a fabada de Asturias, ou as sopas de allo de Castela e León, entre outros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.