Por E.P. | A CORUÑA | 19/01/2021 | Actualizada ás 11:36
Juan Molina, o primeiro usuario de residencia vacinado contra a Covid-19 na área sanitaria da Coruña e Cee, recibiu este martes a segunda dose, tras administrarlle a primeira hai 21 días. Desta forma, comezou nesta área sanitaria a segunda fase de vacinación contra a Covid-19, informaron fontes sanitarias.
Tras recibir a vacina, Juan Molina, de 86 anos, natural de Úbeda (Xaén) e usuario da Residencia Bellolar da Coruña, trasladou a súa satisfacción. "É unha marabilla", dixo. "Un pensamento que xa nolo quitamos de encima", asegurou sobre a Covid-19 e a incidencia da pandemia.
Preguntado sobre que espera facer dentro de dez días cando estea inmunizado, dixo que a súa intención é poder saír: "Se puidese saír un pouco iría ver á miña filla e estar tranquilo", sentenciou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.