O pianista Abe Rábade volve á carga cun concerto ao aire libre: "só se escoitaban o vento e as follas"

O artista galego interpretou catro temas de jazz ideados durante o confinamento.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2021 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

O pianista galego Abe Rábade presentou este xoves a obra audiovisual 'Abe Rábade. Piano só entre árbores', un proxecto no que, no medio dunha carballeira do Concello de Rianxo, Ábade interpreta algunhas pezas do repertorio ao que deu forma durante o confinamento causado pola pandemia de covid-19. O concerto pódese ver no Portal da lingua galega.

Na peza audiovisual, gravada unha noite de novembro ao aire libre, Ábade interpreta catro pezas jazzísticas --'Liberación', 'Desexo', 'Ham-Dam. Improvisation' e 'Freixo'-- que, segundo explicou en rolda de prensa, foron ideadas e traballadas durante o confinamento. "No medio dun confinamento, no que non se podía saír, dediqueime a traballar só, polo que o único que podía ofrecer a este proxecto eran sós", indicou o pianista galego.

Ademais, ao concerto precédeo unha curta entrevista co pianista na que reflexiona sobre a experiencia que supuxo para el gravar esta peza nun espazo tan singular "no que, ademais do silencio, só se escoitaba o vento e as follas moverse", así como sobre a interpretación do jazz en xeral e o impacto do confinamento na sociedade.

Presentación de 'Abe Rábade. Piano só entre árbores',. COPYRIGHT: XOAN CRESPO / XOÁN CRESPO / Europa Press
Presentación de 'Abe Rábade. Piano só entre árbores',. COPYRIGHT: XOAN CRESPO / XOÁN CRESPO / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta