Fenda de xénero nos deportes: denuncian que as mulleres só ocupan "o 10%" do telexornal galego

Xornalistas Galegas piden abandonar fórmulas "paternalistas" á hora de se referir ás deportistas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2021 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

O colectivo de Xornalistas Galegas volve á carga contra a escasa visibilidade feminina no marco dos programas televisivos galegos. Desta vez, as críticas da plataforma veñen de ser dirixas ao Telexornal Mediodía da TVG, que, segundo cálculos da plataforma, tan só dedicou un 10% do seu minutado deportivo ao tratamento de prácticas desenvoltas por mulleres. 

Vanesa Sotelo, do Cidade das Burgas.
Vanesa Sotelo, do Cidade das Burgas.

Fronte a estas circunstancias, o colectivo de Xornalistas galegas insta á "reflexión" do eido profesional cinguido aos deportes, ao que tamén acusan dun emprego moi reducido da linguaxe inclusiva. A plataforma móstrase crítica, neste aspecto, co emprego de fórmulas que consideran "paternalistas", e instan a darlle a volta a ambos comportamentos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Roxelio

Segundo: o fútbol feminino, o baloncesto, etc. e outros deportes de equipo son un fiasco absoluto de audiencia (digo de audiencia, non un fiasco deportivo, que é distinto) e unha operación de márketing igualitario. Moito palique, moito enchernos a boca, pero veremos cantas mulleres van ver eses deportes cando pase a pandemia, sobre todo das Mulleres Xornalistas. Xera moitísimo máis tráfico nas redes o Dépor masculino de segunda B có Dépor feminino de primeira división. Pero eu animo a homes e mulleres a que vaian ao estadio en masa (especialmente as devanditas Mulleres Xornalistas) para revertir a situación. Cando remate a pandemia, claro, e pagando entrada, non gratis total coma naquel partido famoso do Atlético de Madrid

1 Roxelio

Primeiro: non creo que sexa só no telexornal, senón que as porcentaxes serán máis ou menos as mesmas en informativos estatais. Como non lle piden o mesmo ás demais televisións, radios cos seus tempos de xogo (acabo de escoitar o da SER e o 90% é deporte masculino), etc.? Curioso, non?