Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2021 | Actualizada ás 13:30
O decreto de medidas para previr a expansión da covid-19 que entrou en vigor esta medianoite limita só a persoas conviventes a celebración posterior ás cerimonias nupciais na Comunidade, unha medida que debe respectarse de forma inmediata e afecta xa os eventos programados para estes días.
En concreto, a norma, publicada a última hora do martes no Diario Oficial de Galicia (DOG), establece que as cerimonias nupciais, relixiosas ou civís, deben "respectar as regras de capacidade e as medidas de hixiene e prevención que sexan de aplicación no lugar onde se desenvolven". En concreto, no caso de igrexas, un terzo do aforamento e con presenza de persoas conviventes ou non.
Con todo, continua o decreto, ás celebracións que poidan ter lugar posteriormente á cerimonia en si "só poderán acudir as persoas conviventes". Segundo confirmaron a Europa Press desde a Consellería de Sanidade, nesta ocasión non se establecerá ningunha moratoria para as celebracións planificadas este fin de semana e a norma entrará en vigor inmediatamente, co que as celebracións posteriores ás cerimonias, tamén en ámbito privado, terán que limitarse a conviventes.
LUGARES DE CULTO
A norma da Xunta establece que o aforamento máximo dos lugares de culto na Comunidade non debe superar un terzo da súa capacidade total e que deberá estar publicado nun lugar visible. Non poderá utilizarse o exterior dos edificios ou a vía pública para a celebración de actos de culto con público. Do mesmo xeito, non se poderán realizar actuacións de coros ou agrupacións de canto, manterase a distancia de seguridade entre os participantes e a máscara será obrigatoria.
Segundo recolle o decreto, realizaranse desinfeccións diarias de espazos e de forma regular en obxectos que se toquen con frecuencia, organizaranse entradas e saídas para evitar aglomeracións e porase a disposición do publico xel desinfectante. Non se permitirá o uso de auga bendita ou ablucións rituais, nin contactos entre os fieis, así como tocar obxectos de devoción.
VELORIOS E ENTERROS
Os velorios poderán realizarse en instalacións tanto públicas como privadas, aínda que cun límite máximo en todo momento de cinco persoas por túmulo, excepto conviventes, e 15 persoas no exterior. A participación na comitiva fúnebre restrínxese a un máximo de 15 persoas non convivientes, entre familiares e achegados, ademais de, se é o caso, o ministro de culto correspondente --cura ou similar en cada confesión--.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.