Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2021 | Actualizada ás 19:34
A CIG desenvolve desde o mes de outubro unha campaña por "unha saída galega xusta da crise", no marco da cal convocou para este domingo, 7 de febreiro, unha xornada de mobilizacións por toda Galicia para esixir políticas que permitan unha recuperación socioeconómica e condicións "dignas".
En total, haberá mobilizacións en 18 municipios que comezarán entre as 11,30 e as 12,00 horas. A lista de concellos é a seguinte: A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, A Guarda, As Pontes, Boiro, Cangas, Cee, Lalín, O Porriño, Redondela, Ribadeo, Verín e Vilagarcía.
Entre as reclamacións que fai a CIG atópanse a derrogación das reformas laborais, da negociación colectiva e pensións, coa aprobación dunha nova lexislación laboral e social que restitúa dereitos.
Tamén pide que se fixe por lei o salario mínimo interprofesional (SMI) no 60% do salario medio, tal e como marca a Carta Social Europea. Igualmente, unha pensión mínima nesta taxa. A prohibición por lei da aplicación de ERE, ERTE e modificacións de condicións sen previa autorización administrativa e acordo de persoal, así como eliminar as ETT e figura de falsos autónomos, entre outras reivindicacións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.