Periga a campaña marisqueira da ría de Muros e Noia polo tren de temporais

Mar avaliará os bancos marisqueiros afectados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2021 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, reuniuse este luns con representantes das confrarías de Portosín e Porto do Son para coñecer a situación do sector tras os temporais da pasada semana que afectaron a bancos marisqueiros. Unha situación que ameaza a campaña marisqueira desta ría xa moi tocada pola covid tal e como relatou Galicia Confidencial hai unhas semanas.

Así, trasladou o seu apoio ao sector, aínda que chama a esperar pola avaliación completa dos bancos marisqueiros antes de adoptar medidas. Técnicos da Consellería do Mar traballan no seguimento das zonas nas que se rexistrou unha baixa salinidade nas augas e desprazamento do marisco cara ás praias como consecuencia do mal tempo, o que pon en risco a supervivencia das distintas especies de bivalvo.

Ademais, Rosa Quintana resaltou que nos últimos días publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria para 2021 de axudas a proxectos colectivos de conservación e restauración da biodiversidade e ecosistemas mariños.

Estas axudas, financiadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), contan cun orzamento dun millón de euros, mentres poden ser empregadas para paliar os danos como os producidos en bancos marisqueiros de Rianxo.

Reunión de Rosa Quintana con confrarías de Porto do Son e Portosín. LUÍS POLO
Reunión de Rosa Quintana con confrarías de Porto do Son e Portosín. LUÍS POLO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta