Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2021 | Actualizada ás 14:30
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) homenaxeará á doutora Jimena Fernández de la Vega como "Científica do ano 2021" nunha data tan sinalada como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se celebra o xoves 11 de febreiro.
Aínda que o acto académico central de homenaxe terá lugar o 8 de outubro polo "Día da Ciencia en Galicia", programaranse durante todo o ano diversas actividades para dar a coñecer a súa figura e as súas contribucións.
A RAGC, para elixila a ela, valorou especialmente o seu carácter loitador, amosado desde que fora a primeira licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) xunto coa súa irmá Elisa, onde acadou ademais o premio extraordinario.
A RAGC quere, por tanto, “dar a coñecer a súa figura como exemplo de muller científica, en tempos nos que non era doado ser admitida e recoñecida”.
CARREIRA INVESTIGADORA
Na súa carreira investigadora tomou a decisión de incorporar a xenética ao ámbito da saúde, converténdose nunha pioneira da xenética médica en España. Posteriormente, os seus traballos no campo da hidroloxía aplicada á saúde foron tamén de enorme valía.
Jimena Fernández de la Vega foi un referente extraordinario demostrando o enorme potencial da realización de estadías en centros referenciais para desenvolver frutíferas traxectorias profesionais que permitiron darlle unha salientable visibilidade ás científicas da época.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.